'A derradeira leición do mestre' de Castelao chega por primeira vez a Galicia

A obra nunca saíra de Arxentina. Agora, o Centro Galicia de Buenos Aires cederá o óleo para unha mostra sobre o autor prevista para o último trimestre do ano no Museo Centro Gaiás.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2018 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

A obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao 'A derradeira leición do mestre', que nunca saíra de Arxentina, exhibirase en Galicia por primeira vez nunha mostra sobre o autor prevista para o último trimestre do ano no Museo Centro Gaiás.

A obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao 'A derradeira leición do mestre'.
A obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao 'A derradeira leición do mestre'.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Centro Galicia de Buenos Aires chegaron a un acordo de cesión da peza, trala negociación iniciada polo titular do departamento autonómico, Román Rodríguez, durante a súa viaxe a Arxentina pola última edición da Feira do Libro.

Segundo indica a Xunta, quen destacou o óleo como "clave na traxectoria do intelectual e artista de Rianxo", a cesión temporal materializarase a mediados de febreiro coa firma dun convenio entre ambas as entidades.

Castelao pintou a obra en 1945 baseándose na estampa número 6 do libro 'Galicia Mártir', na que retrata un mestre asasinado ante dous mozos conmocionados.

A Xunta agradeceu "a boa disposición" do Centro Galicia de Buenos Aires e atópase precisando as condicións técnicas do préstamo para garantir "as maiores condicións de seguridade" do traslado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 lois

non ten sentido congratularse dunha pose expiatoria dos que manteñen miles de mestres nas cunetas e ainda non renegaron do fascismo franquista