Piden a implicación da sociedade galega no apoio a dúas familias sirias “en situación de abandono”

Acampa denuncia que as administracións abandonaron a estaes refuxiados que etán “sen recursos e sen posibilidade dunha integración laboral”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/03/2018 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

Galicia ten refuxiados sirios, poucos, pero algúns deles, en penosas circunstancias. Dentro do programa de acollida ás persoas refuxiadas fuxidas da guerra e traídas a España para a súa protección e integración, actualmente hai dúas familias nun estado de “total desprotección, abandono e nunha situación de vulnerabilidade extrema”, segundo denuncia Acampa.

O sorriso desta nena refuxiada en Idomeni desafía a tristura do muro de arame que a priva dunha vida segura en Europa
O sorriso desta nena refuxiada en Idomeni desafía a tristura do muro de arame que a priva dunha vida segura en Europa | Fonte: Miguel Núñez.

Esta entidade asegura que, sen previo aviso, se lles retirou toda a axuda, deixándoas nunha situación de “total desamparo e confusión” e “sen recursos, sen posibilidades económicas e sen apoio para a identificación dun itinerario laboral fundamental para a súa integración”.  “A situación actual é desesperada xa que ademais estas persoas están traumatizadas, moi afectadas psicoloxicamente polas vivencias da guerra”, engade nun comunicado.

Así, denuncia que a administración pública incumpriu a maior parte dos compromisos establecidos para a súa integración, “descoidando aspectos tan básicos como a aprendizaxe do idioma e tan fundamentais como o apoio psicolóxico, a asistencia sanitaria ou o apoio legal e administrativo, imposibilitando que poidan atopar medios de vida que lles permitan ser autosuficientes”.

Por todo isto, Acampa fai un chamamento á cidadanía para solidariamente paliar “o que as institucións non fixeron” e axude económicamente a estas familias a través dunha doacion. Máis información no correo comunicacion@acampa.eu ou no teléfono 607 486 482.

Unha nai sostén o seu fillo tras unha tormenta que arrasou o campo de refuxiados de Idomeni
Unha nai sostén o seu fillo tras unha tormenta que arrasou o campo de refuxiados de Idomeni | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Oenejetas e refujetas

Primeiro os traen e despois queren que paguemos os demais. Que os acollan nos emiratos, alí sobran cartos e sobra sitio, e máis non terán problemas de integración.