O uso do galego, unha forma de activismo e de resistencia social

Bernadette O'Rourke, profesora da Universidade Heriot-Watt de Edimburgo (Escocia), mostra como o uso que fan os neofalantes da lingua galega está relacionado co "cuestionamiento das estruturas de poder existentes".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/04/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Bernadette O'Rourke é profesora de español e de Lingüística no Departamento de Linguas e Estudos Interculturais da Universidade Heriot-Watt de Edimburgo (Escocia). Experta na realidade lingüística galega, sobre a que ten investigado amplamente e publicado varios traballos científicos, agora vén de presentar un novo estudo no que describe o uso do galego como "forma de resistencia" e de "activismo" entre os neofalantes.

Manifestación da plataforma 'Queremos Galego'.
Manifestación da plataforma 'Queremos Galego'.

Os resultados do seu traballo de campo con novos galegofalantes indican que estes "reaccionan ante o que perciben como unha gobernamentalidade vertical" e "ao mesmo tempo se involucran nun proceso reflexivo de cuestionamiento das estruturas de poder existentes a través do seu uso activo do idioma".

O'Rourke constatou que "moitos novos falantes de galego apoian a política nacionalista galega na extrema esquerda do espectro político e algunhas veces están vinculados con movementos anticapitalistas". Actitudes e posicionamentos nos que a adopción da lingua galega supón para estes neofalantes un aliñamentio coas súas ideoloxías políticas.

O traballo da profesora da Universidade Heriot-Watt de Edimburgo describe como a adopción intencionada da lingua galega por parte de neofalantes está relacionada coa "resistencia ás políticas lingüísticas establecidas por grupos e institucións que ocupan a esfera de elite en Galicia", expón a profesora, que convida a considerar a "reflexividade dos activistas da linguaxe" e "o que a súa toma de posición reflexiva sobre os problemas da lingua pode revelar acerca da relación entre a práctica lingüística, a resistencia política e o cambio social". 

Froito das entrevistas en profundidade con neofalantes de galego, O'Rourke descubriu que para estes "falar en galego constitúe unha forma de resistencia contra a incapacidade percibida do que se considera unha gobernamentalidade lingüística vertical para provocar un cambio sociolingüístico real en Galicia".

Así, "impulsados ​​por unha conciencia de subordinación histórica de Galicia e pola dinámica sociolingüística contemporánea da comunidade, a miúdo expresan un forte sentido de responsabilidade para asegurar a futura supervivencia do idioma, así como un compromiso claro para corrixir o que ven como unha situación de inxustiza social e política", detalla a autora do estudo.

Tales consideracións, di, son as que parecen levar a mudar a preferencia idiomática destas persoas e pasa a combinar o español e o galego ou mesmo "nalgúns casos desprazando completamente o seu primeiro idioma e adoptando prácticas monolingües en galego".

Aínda que O'Rourke apunta a que este comportamento sociolingüístico é adoptado por menos do 2% da poboación galega, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, tamén salienta que "este desprazamento do idioma dominante pode ser explicado polo menos en parte por un cambio de enfoque que se afasta dos modelos funcionalistas de  contacto co idioma e cambia cara a unha comprensión destes procesos desde a perspectiva do conflito lingüístico".

É dicir: "As prácticas destes novos falantes activos non se poden ver simplemente como desviacións do status quo sociolingüístico, senón como reaccións a el e como defensa do cambio social", expón a profesora.

O'Rourke argumenta que mediante o seu comportamento lingüístico, estes neofalantes "contribúen á transformación dunha orde sociolingüística existente, unha orde social coa que están profundamente insatisfeitos".

Esta nova achega publícase na revista científica Journal of Multilingual and Multicultural Development co título 'Just use it! Linguistic conversion and identities of resistance amongst Galician new speakers'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

4 Nexus 6

Para ese viaje no hacían falta tantas alforjas. Lo cierto es que son tipos de sobra conocidos: hijos de la burguesía enchidos de furor adolescente - revolucionario, que viven en casa de papi y mami, visten la "pasmina" de Arafat, seguramente algún pendientillo o pirsin y vaqueros americanos. Por lo demás suelen ser bastante ignorantes y políticamente planos: todo lo que no sea izquierdoso o nazionata es facha, Madrí nos impuso el español con Franco y la Guerra Civil y somos un pobo asoballado lleno de auto - odio. Los buenos son los comunistas, los carlistas vasco - catalanes y la democracia consiste en votar. Lo del respeto a la Ley tonterías de burgueses y en cuanto a la socioeconomía, en la lucha de clases está la solución. En fín, tiene que haber de todo.

1 Pondaliao

Qué ben aprendida tés a lección. Tamén comulgas cando vas á misa?

2 De iure

Vaia caricatura lamentable. Seguramente debamos entender que "pijos" e "niños bien" que seguen optando polo castelán son os máis intelixentes, con profundo calado político e nada snobs. Por suposto, o desprezo pola esquerda o deixas de agasallo, así como quen non quere a cousa. Hai que ver que perseguidos estades "los castellanohablantes conservadores" en Galicia. O que hai que ler. Menos desprezo polos que pensan diferente. Eso si, nunha cousa concordamos: ten que haber de todo.

3 Xanc

Non falades no Galicia C.nfidencial da moción de censura da Marea/Podemos + PP e contra o BNG en Fene?

1 anonimo

Ai...

2 sermos mantidos

Xanc, esqueces o PsoEspañol --no BNG sempre esquecedes o amo, que casualidade!--, antes socio e que agora vos deixou tirados. Tes o mesmo problema que Calicia Confidente, a parcialidade e a submisión ao amo!

3 Xanc

Ao PSOE que Podemos /En Marea vai apoiar en Madrid? Ou ao PSOE que Podemos/En Marea apoia en Valencia? Ou ao PSOE que Podemos/En Marea apoia en Aragón? Explícame cal é o PSOE bo e cal é o malo

4 Mantidos tontitos

Xanc taparrabos, o PsoE que vos deixou tirados en Fene. Non era diso do que querías falar? O mesmo PsoE indecente de dereitas, monarquico e nacionalista español, herdeiro do franquismo, da financiación ilegal probada, do 135 e do 155, das portas xiratorias e do terrorismo do Gal, o PsoE que apoian as Mareas de Podemos, que como ben sabes son postureo, exactamente igual que o BNG. Quedouche claro con quen colaborades os falsarios?

2 Axbe

Buf! Últimas noticias! A academia sempre varias décadas por diante.

1 Carlos G.

Esa mujer conoce tanto Galicia como Madagascar. La mayoría de los hablantes naturales de gallego están en el mundo rural que vota abrumadoramente Partido Popular. Ahora bien, si quiere asociar el gallego a la estrella roja, la UPG y demás grupos marginales radicales, le está poniendo los clavos del ataud a dicha lengua.

1 Pedro P.

E ti, Carliños, non sabes ler. O estudo non é sobre "hablantes naturales", senón sobre neofalantes, que se ve que non sabes o que son nin onde se atopan (principalmente nas urbes e entre a mocidade). Antes de criticar de balde e facer o ridículo, hai que ler... e ler ben.

2 Pablo C

Pedro P pídeslles moito a este mononeuronais.

3 RRD

Neofalantes, refírese a neofalantes... Aaaains...!