Ser galego pode ser un problema para seguir en GH

As redes sociais ferven coas declaracións sobre o galego da coruñesa Marta López. Xa hai quen propón que marche do país. Anxo Lorenzo critica os tópicos da concursante.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 15/02/2011 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

Poucas sabían das andainas dunha tal Marta López polas pantallas televisivas. Nada que ver con Israel, o primeiro galego de Gran Hermano e que, anos despois, foi fichado por Xosé Manuel Piñeiro na TVG como reporteiro de rúa. Tamén pasaron por Gran Hermano un galego-senegalés, Andalla, que foi expulsado pola audiencia, como dixo el mesmo, "por ser extranjero" ou Paula, famosa polo seu carácter e por posar medio espida en Interviu. Houbo máis, pero xa sen tanta sona...ata que chegou Marta López, que curiosamente, comparte escenario con outro vigués, Yago Hermida, ex da tamén televisiva Yolanda Berrocal.

Marta entrou na casa de Gran Hermano para amosar a "imperiosa necesidad de demostrarle al mundo que no todas las mujeres somos iguales". A rapaza, de 25 anos, dependenta, presentouse con moito aquel no programa. "Hago lo que quiero y perreo con quien quiero, como quiero y cuando quiero" e que lle gustaba botar "un poco de picante a la vida". Un picante que saltou en forma de galego.

None



"Fóra de Galicia"


E é que as súas declaracións no programa asegurando que "le da el bajón" cando un mozo lle fala en galego fixeron que non sexa unha muller "igual" en Galicia.

No Facebook xa hai un grupo que pide que marche "fóra de Galicia" por "petarda". A páxina abriuse este luns e un día despois xa ten case 1.400 persoas. Galegos e non galegos de todas partes do mundo critican, en galego e en español, as súas palabras e piden que, aínda que sexa paisana, hai que botala fora do programa. Por iso, xa hai quen propón que se fagan chamadas masivas a Gran Hermano para botala da casa.

Tamén no twitter son moitos os comentarios sobre Marta López, que se converteu non dos temas preferidos polos usuarios das redes sociais nos últimos días.

"Reproduce tópicos"

A polémica é tal que ata o propio secretario xeral de Política Lingüística deu a súa opinión. En declaracións a periodistadigital Galicia, Anxo Lorenzo sinala que "reproduce tópicos presentes na sociedade galega, especialmente nunha parte da mocidade urbana da Coruña e Vigo".

"Esta impresión negativa sobre o galego ven de moi atrás, no é dos últimos anos. Desde o século XVIII asociase o galego ao rural e as clases menos acomodadas", aclara. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 94 comentarios

43 Bonseibe

Iso é o que pasa con este discurso: dise unha cousa "politicamente correcta" ("es una pena que se pierda") para enmascarar a chea de prexuízos intolerables que desenvolve no resto da argumentación. Cando menos incoherente.

42 CranioF

Seguindo co que dí quen me precede, a min pasóume así, como poño noutro post. Primeiro carguéi contra ela polo que decía, parecía a típica persoa re-que-te-burra que desprecia a quen fala galego. Pero se escoitades TODO O VÍDEO, cousa que eu non fixen a primeira vez, veredes que a rapaza termina recoñecendo o ABSURDO deste comportamento, e fai unha clara crítica del. Non se merece esta catarata de insultos.

41 falar doutro xeito

a min non me gustou nadiña como falou Marta do galego, pero tampouco me gusta a maneira en que é insultada por moitas persoas que estàn a deixar aqui e en outros medios os seus comentarios. Paréceme a min que por respeto às nosas propias ideas temos que aprender a defendelas sen insultar à quen non as comparte

40 rei

pues los del pp y nuestro principal periódico -la voz de galicia- te estamos de acuerdo, por eso hacemos todo lo posible para exterminar el gallego de esta bonita tierra.

39 Pequeno Irmão