A Xunta négase a reunirse cos sindicatos para explicar a súa oferta de "suba de 300 euros"

Di que os folguistas "non teñen intención de negociar". O conflito agudízase logo de que fiscais e xuíces tomen parte xa polos folguistas e acusen á Xunta de iniciar unha "guerra de desgaste". Os traballadoras critican que Feijóo use medidos de comunicación para tentar "desprestixialos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2018 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

Os representantes do Goberno galego non prevén acudir este venres á convocatoria sindical para abordar o conflito da xustiza ao entender que o comité de folga do sector xudicial, en paro indefinido desde hai máis de dous meses, non ten vontade real de negociar. Así o trasladaron a Europa Press fontes do departamento que dirixe o vicepresidente, Alfonso Rueda.

Xulgado baleiro na primeira folga da xustiza en Galicia
Xulgado baleiro na primeira folga da xustiza en Galicia | Fonte: Europa Press

Como argumento, as mesmas fontes aluden ao escrito "aclaratorio" que recibiron nesta xornada e no que os sindicatos inciden en que dita reunión "debe circunscribirse á explicación por parte da Xunta á oferta de 300 euros realizada" polo vicepresidente. De feito, os traballadores destacaron este xoves que se hai unha suba de 300 euros "asinan inmediatamente" e paran as protestas.

Nesta conxuntura, e aínda que o escrito nun punto previo reitera a "total dispoñibilidade" dos sindicatos "a seguir negociando", a Xunta entende que, se a reunión ten que "circunscribirse" a unha explicación, non será útil para avanzar e desbloquear a folga.

Reitera, iso si, que ten "toda a disposición" a volver negociar sempre que sexa no "marco económico" da súa última proposta: unha subida salarial de 135 euros ao mes para forenses, 133 para xestores, 108 para tramitadores e 105 para corpos de auxilio.

Rueda defendeu que esta proposta para o complemento autonómico transitorio (CAT) dos traballadores da xustiza, sumada ao incremento pactado en Madrid para todos os empregados públicos, suporía un aumento salarial mensual dun 14%, é dicir, uns 300 euros.

Pola súa banda, fontes do comité de folga consultadas por Europa Press sosteñen que se a Xunta non participa neste encontro evidencia "o que lle importa a xustiza" e que "non quere negociar", senón continuar instalada "nunha estratexia de desgaste" para tentar "afundir a folga".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 JOSE GARCIA

TODOS SOMOS PERXUDICADOS. UNS MAIS CA OUTROS, NATURALMENTE. PERO A SOLUCION É SINXELA : O UNICO QUE TEN QUE FAZER A XUNTA ( OU OS SINDICATOS DEMANDAR ) E NOMEAR UN ARBITRO QUE DICTE UN LAUDO DE OBRIGADO CUMPRIMENTO. Y oyes,..... se acabo el problema. E teñen candidatos dabondo : Presidenta do Consello Galego de RRLL ,....Valedora do Pobo,....etc. A QUE AGARDAN?

1 FARTA

solo una solucion: negociar, negociar, negociar. con dimes y diretes no salimos adelante, con niñerias de "que me expliquen la subida de 300 euros" no vamos a ninguna parte. todos tenemos claras las artimañas de la Xunta y sus matemáticas. pero tambien que los sindicatos no tienen ni idea de lo que estan haciendo y nos esta llevando a un callejón sin salida. a dejarse de tonterias y NEGOCIAD