López, candidato a reitor da USC: "Vimos que había xente que quere un cambio, unha esperanza"

Antonio López é candidato a reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Como o seu rival, é a segunda vez que se presenta "ilusionado polo apoio recibido nas anteriores eleccións".

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 21/04/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Vostede repite como candidato tendo o mesmo rival que nas anteriores eleccións. Que lle fixo tomar esta decisión e repetir candidatura?
Por unha banda o resultados obtidos na última lección, o que me animou a seguir traballando no claustro e no consello de goberno. Quixen seguir de cerca a vida da universidade porque sentín que tiñamos una responsabilidade porque ese corenta e nove por cento de votos que tivemos era tamén un exercicio de responsabilidade. Entón estivemos traballando e chegado o momento analizamos e falamos con moita xente para darnos conta de que había persoas que buscaban un cambio, una esperanza. Tamén buscar unha alternativa para universidade. Con ese obxectivo nos presentamos a estas eleccións.

Candidatura Antonio López USC
Candidatura Antonio López USC

Fala en plural. Hai moita xente implicada con vostede?
Evidentemente, un proxecto desta natureza nunca é individual. Preséntase o candidato a reitor pero tamén o candidato a vicerreitor e a secretario xeral. ademais, xente doutros sectores, profesorado, PAS e estudantes que están tamén traballando neste proxecto. Aquí son decisións que afectan a moita xente.

Na presentación da súa candidatura dicía que o actual goberno “aproveitou a crise para desmantelar departamentos, recortar persoal e reducir programas, en suma para estancar a universidade e impedir que creza”. Semella una política neoliberal.
Temos unha política esencialmente de recortes. Isto consiste en facer a universidade máis pequena. Simplemente, púxose como obxectivo número un axustar as contas. Iso significou menos profesorado e menos PAS, menos estudantes e menos recursos. Con iso pois, o que estamos é reducindo a universidade e non sacándoa da crise.

"Falamos con moita xente para darnos conta que había persoas que buscaban un cambio".

Apuntaba hai uns dias a refinanciar a débeda e pagala ao mesmo tempo. Como sería iso posible?
Cando falamos de refinanciar a débeda é o que están facendo a maioría das comunidades, das administracións non só autonómicas senón tamén o estado. É dicir, eles non están amortizando débeda se non que están aumentando esa débeda. Eu non falo de aumentar a débeda senón de refinanciala. É dicir, pedir prestado o que imos amortizar. Non estaríamos facendo o sacrificio de aforrar para amortizar que non é viable nesta situación que estamos de estreiteces económicas.

Iso non sería hipotecar o futuro da universidade, a súa independencia?
Non, en absoluto. Eu falaría de autonomía e non de independencia. É unha solución, no seu día á universidade levou adiante proxectos de investimento endebedándose. Chegou a uns niveis certamente preocupantes. Agora reduciuse a débeda e non é hipotecar se non xestionar a súa débeda. Coma quen merca unha casa e pide un empréstito. Pero en absoluto atenta contra a autonomía da universidade.

"Estamos reducindo a universidade e non sacándoa da crise".

Fiscalizaría as contas da última lexislatura?
Analizaremos cal é a situación da universidade, pero as contas da universidade están sometidas a unha auditoria anual. Preséntanse informes de auditoría e así se aproban as contas. Eu non teño dúbida ningunha de que as contas da universidade reflicten a realidade fiel. Pero poderiamos revisar algunhas das políticas de gasto que se fixeron. Pero sobre a confianza nas contas non teño dúbida.

Cales son as áreas que necesitarían unha contratación inmediata na universidade?
Máis que áreas de coñecemento, nós o que miraremos é a situación de cada unha das áreas. Nós o que dicimos é que en materia de persoal docente e investigador temos que apostar por estabilizar un importantísimo número de profesorado precario que se xerou nosúltimos anos. Promover tamén as persoas en expectativas de promoción, de contratar a doutores titulares e titulares a catedrático e ao mesmo tempo poñer en marcha mecanismos de incorporación para persoas Que comezan a súa carreira universitaria para que renoven os postos que deixan as xubilacións a longo e medio prazo. Logo por áreas, haberá que revisar caso por caso é mirar a súa situación.

Dixo na súa presentación que “mesmo temos asinado un convenio coa Xunta para reducir o número de estudantes”. Que convenio impide que aumente o número de estudantes?
Un que asinaron as universidades e a comunidade autónoma fará aproximadamente un ano. Nel establécese que calquera cambio de títulos na universidade, calquera tipo de implantación de novos títulos, debe vir emparellado da supresión do mesmo número de prazas noutros títulos existentes. Iso impide á universidade aumentar o número de alumnos. Isto só ten explicación, o que se garante á comunidade autónoma é que aínda que se aproben novos títulos, non vai ter que poñer máis recursos. Desde o punto de vista da universidade iso é pegarse un tiro, negarse a medrar.

"Poderíanse revisar algunhas das políticas de gasto que se fixeron".

Falou xa coa Consellería de Educación para explicarlles estes puntos e presentarlles o seu programa?
Non, aínda non falei coa consellería. Eu aí defendo a total autonomía universitaria. Este é un programa que nós elaboramos. Pensamos que é sensato, razonable e presentamos á comunidade universitaria. E se a comunidade nos dá o seu apoio formalizado, teriamos que materializalo a partir de aí entrariamos en negociación coa comunidade autónoma para conseguir que dea a súa autorización nos casos necesarios.

Considera que a oferta universitaria é parella á demanda social?
É certo que temos problemas coa oferta académica como tamén están sobre a mesa unha serie de propostas para suprimir unas titulación e implantar outras.Ese o proceso que temos que afrontar agora, un proceso que tamén lle deu un pouco a volta ao que sería o camiño normal. Ese camiño sería facer a proposta desde a universidade e logo que o goberno autonómico dixese que si ou que non. Pedíuselle á comunidade autónoma que precisamente se pronuncie sobre cal é a súa proposta. Pero agora imos ser a universidade os que fagamos as memorias e a documentación correspondente. Non é ese o camiño máis axeitado pero é o que hai que seguir. En calquera caso hai que revisar oferta para adaptala ás necesidades e facer a nosa oferta atractiva.

"Temos que apostar por estabilizar profesorado en precario".

O seu goberno universitario abarataria os prezos dos mestrados?
Tanto nos mestrados como nos graos, é a comunidade autónoma que lle corresponde fixar os prezos públicos. Nós non temos competencia nese terreo. Pero sendo competencia da comunidade autónoma, nós o que lle pediriamos ao goberno autonómico é que como universidade pública que somos, queremos dotarnos dos recursos públicos suficientes para dar un servizo de universidade pública de calidade. Pode darnos eses recursos por dúas vías que son as transferencias de finanzamento asignado ou polos prezos públicos. Se a comunidade autónoma quere reducir os prezos públicos, que xa ten os prezos máis baixos en materia de grao de toda España, nós o que pederiamos sería recibir vía transferencia o que recibimos por vía de prezos públicos.

O pasado 19 de abril os estudantes estiveron en folga. Unha das súas reivindicacións foi pedir maior visibilización da muller na universidade. como afrontaría o seu goberno este punto?
Esa visibilización querémola facer evidente desde o propio equipo de goberno. Presentamos un goberno no que aparecen cinco homes y cinco mulleres, totalmente paritario. Que dúbida cabe que temos que poñer todo o que está nas nosas mans para darlle a visibilidade ao papel da muller na universidade. Pero falta moito camiño por percorrer aínda. Temos unha ampla representación da muller dentro do estudantado Con diferenzas dunhas titulacións a outras. Temos que conseguir tamén que esa presenza se dea no profesorado, sobre todo na escala superior do profesorado.

Na presentación da candidatura tamén dixo que é inviable reunións de 8 horas cun longo número de temas a tratar, que gañan sempre o equipo reitoral. Como cambiaría o funcionamento interno da universidade e a elección dos seus cargos?
Sobre o órgano de goberno da universidade, temos que poñer en marcha mecanismos que o convertan nun auténtico órgano de goberno. Como órgano de goberno iso esixe reunións con maior periodicidade. Nós falamos de reunións cada 15 días cunha orde do día razonable e unha duración razonable. Facelo un órgano máis áxil e máis transparente de toda a información universitaria e de todos os puntos a tratar. Temos que recuperar para o claustro algunhas competencias que están nos estatutos pero que nos últimos catro anos se descoidaron. Como es la rendicion anual de cuentas que debe facer o reitor. Hai que recuperar ese bo costume.

Temos que visibilizar a presenza da muller nas escalas máis altas do profesorado

Como materializaría a transparencia para toda a comunidade universitaria?
Primeiro, tendo claro a periodicidade das reunións. Segundo, poñendo a disposición da comunidade universitaria a orde do día. E trasladando a comunidade universitaria os acordos e decisións que se tomen. E ademais, incorporando con carácter previo, cando así corresponda por razón dos temas a tratar, negociacións con outros colectivos, decanos e directores de departamento, xunto con colectivos de estudantes, PAS, etc.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 generochorradas

El número de alumnos desciende y es culpa del señor que sea rector, nos da igual que se apellide Viaño o García. La demografía nada tiene que ver; tampoco tiene nada tiene que ver la generalizada pérdida de prestigio de los títulos universitarios, que hace que muchos chavales en edad de estudiar prefieran dedicar su tiempo y dinero a obtener un título de FP. Parafraseando a los hermanos Marx: "¡Más demagogia, que son las elecciones!"

1 VNAC

E que me dis dos negocios con certas empresas de catedráticos e profesores da USC?