A Mesa representa a Galicia nun congreso de línguas minorizadas en Frisia

O proxecto consiste en amosar a diversidade lingüística europea e da existencia de nacións que teñen máis dun idioma e conta coa colaboración das deputacións da Coruña e Pontevedra e do concello desta última cidade.

Por Galicia Confidencial | Frisia | 30/04/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Membros da Mesa pola Normalización Lingüística atópanse en Frisia, concretamente na cidade de Ljowert para asistir a diversas reunións para preparar a semana dedicada á lingua galega. Un proxecto que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Pontevedra.

Pavillón das linguas en Leewarden, onde se atopan integrantes da Mesa
Pavillón das linguas en Leewarden, onde se atopan integrantes da Mesa | Fonte: A Mesa

O proxecto Casa das linguas (Lân fan Taal) é un evento no que se darán cita comunidades lingüísticas de máis de 50 linguas minoritarias ou minorizadas de Europa, na que o galego tamén estará presente da man da Mesa pola Normalización Lingüística.

O proxecto consiste en amosar a diversidade lingüística europea e da existencia de nacións que teñen máis dun idioma, sendo a lingua o elemento máis característico que lle confire identidade propia a unha comunidade de falantes, independentemente do número de persoas que o falen. "Ademais diso, aproveitarase a estadía para intercambiar experiencias de éxito e establecer contacto con outras organizacións que traballan na promoción e defensa de linguas minorizadas ou minoritarias", apuntan desde esta entidade.

Ademais, suliña que "está facendo os preparativos necesarios" para que a semana dedicada ao galego entre o 23 e o 29 de xullo sexa todo un éxito. Alén de dar a coñecer o galego e a súa situación, tamén se lle dará visibilidade á cultura galega mediante a proxeccións visuais, música, arte e teatro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Noa Ramos

Qué bó.... A colaboración das deputacións e do concello amigo do cacique Lores? Ah claro, o de sempre, que o chiringuito upegallo chamado A Mesa pillou unhas boas subvencións para irse de vacacións a Holanda. Seguro que de paso foron a Amsterdam ao que todos imaxinamos. Por certo, cando diñeiro público cústanos esta nova excursión dos habituais cidadáns comprometidos?

1 Papuxa

Bolseira Bífido, Glory Hole e Pousadas agárdante coa lambetada de agasallo. Repasa os pronomes átonos¡¡