Temas: FOLGA XUSTIZA

Xunta, TSXG e CGPJ reúnense este luns para abordar o plan de recuperación despois da folga de xustiza

O obxectivo da reunión é trazar o plan de recuperación do traballo despois do fin da folga dos funcionarios de xustiza que provocou a paralización dos xulgados galegos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2018 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

Representantes do Consejo General del Poder Juicial, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Xunta manterán este luns unha reunión para abordar a articulación do plan de recuperación do traballo nos xulgados galegos após o fin da folga dos funcionarios da Administración de Xustiza.

Funcionarios de xustiza concéntranse en Vigo
Funcionarios de xustiza concéntranse en Vigo

O encontro terá lugar na sede do TXSG, na Coruña, e contará coa participación do vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, o vogal do CPGJ Juan Manuel Fernández e o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas.

O obxectivo da reunión é trazar o plan de recuperación do traballo após o fin da folga dos funcionarios de xustiza que provocou a paralización dos xulgados galegos durante case tres meses.

O paro indefinido arrincou o 7 de febreiro e, durante os seus case 100 días de duración, estímase que foron suspendidos máis de 25.000 xuízos, así como milleiros de trámites xurídicos.

Temas: FOLGA XUSTIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta