Reclaman ao PSOE que derrogue a prórroga "obscena e ilegal" de Rajoy a Ence

Esta foi a principal reivindicación da 'Marcha contra celulosa' organizada polo colectivo ecoloxista no seu trixésimo aniversario de "loita" contra o complexo industrial formado polas empresas Ence e Elnosa, asentadas na Ría de Pontevedra desde hai máis de 50 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2018 | Actualizada ás 21:10

Comparte esta noticia

O presidente da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), Antón Masa, reclamou ao Goberno central do PSOE encabezado por Pedro Sánchez que cumpra co seu "compromiso" de reverter pola vía administrativa a prórroga "obscena e ilegal" outorgada polo seu antecesor Mariano Rajoy á empresa Ence para os próximos 60 anos.

Fábrica de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra
Fábrica de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra | Fonte: Europa Press.

Esta foi a principal reivindicación da 'Marcha contra celulosa' organizada polo colectivo ecoloxista no seu trixésimo aniversario de "loita" contra o complexo industrial formado polas empresas Ence e Elnosa, asentadas na Ría de Pontevedra desde hai máis de 50 anos e ás que a secretaria da APDR, Antía Marinho, atribuíu "importantes apoios políticos e mediáticos".

"Desde a APDR imos presionar tanto pola vía xudicial como pola social para que se faga", incidiu Marinho. A mobilización, que como cada ano partiu simultaneamente das alamedas de Pontevedra e Marín para xuntarse ante a factoría, reuniu a representantes do BNG e En Marea, entre eles o rexedor pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, e o portavoz rupturista, Luís Villares. Tamén estiveron presentes colectivos ambientais como Greenpeace e a 'Plataforma Mina Touro-O Pino Non' e a 'Plataforma pola defensa da ría de Arousa'. Neste sentido, Antía Marinho denunciou no manifesto os proxectos que, como estes, "veñen disfrazados de progreso e postos de traballo". Así, a APDR mostrou a súa satisfacción pola decisión dos propietarios de Elnosa de deixar de producir cloro e sosa.

Sobre o futuro da factoría química, Antón Masa reclamou ao PSOE que decrete "xa e agora" a caducidade da concesión a Elnosa antes do 29 de xullo, apelando á vía administrativa "sen necesidade de pasar polo Parlamento". Masa pediu que se "faga desaparecer" o foco de contaminación "máis importante da ría" para potenciar a "vocación pesqueira, marisqueira, turística e forestal" da zona. A manifestación estivo encabezada por unha pancarta da APDR coa lema 'Debaixo da fábrica están as praias. Hoxe Elnosa, mañá celulosa' --Debaixo da fábrica están as praias. Hoxe Elnosa, mañá celulosa'.

Esta foi unha de consignas desta edición da marcha baixo o argumento de que aqueles areais "sacaron moita fame ao pobo", en referencia ás antigas mariscadoras. Neste sentido, simpatizantes de Greenpeace portaron outra pancarta que rezaba 'Ence devólvenos a praia' --Ence devólvenos a praia. No acto tamén interveu a presidenta de Adega, Victoria Rodríguez, en representación dos colectivos promotores da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a defensa do bosque autóctono e a loita contra os incendios, unha campaña que tivo o seu "colofón" nesta mobilización contra a fábrica pasteira, á que acusaron de estar "á cabeza da eucaliptización do país".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Nandiño

E a de ENDESA As Pontes ?

1 DEMOLICION

Creo que eramos entre 3 mil ou 4 mil persoas... gustoume o de Greenpeace facendo o numero da Praia diante da empresa ence...tiñan que demoler o invento e nada de indenizar o que tiñan que meter na cada e o marijuano "fillo prófugo de Pontevedra" tiraron fumes cando chegamos as portas da fabrica fixen moitas fotos estaban os da mina e outros abusos que quere meter o frijoles, tiñan efecto na fabrica esas pancadas decindo que cumpren a lexislación ambiental e outra que dan 5 mil postos de traballo... serán postos do carallo... muito son mentiras, haber si ises fumes e mercurios e lexivias (hipocloritos sódicos) que queren meter están afectando algún.ha desas mentes, os cartos os mandan os mandriles e o rollo o deixan aquí na desfeita ambiental nos montes, os lunes a eucaliptización, a ria feita un desastre, e os cheiros de colonia de ence olala olala... cheira a podre, había un.ha gaivota dando voltas, o pepeiro meus amigos... son caraduras... celulosas velenosas!!!