Por que calan os grandes medios cando os enchufados son do PP e non doutros partidos?

La Voz, El Correo Gallego, La Región, El progreso levaron varias veces a titular o caso do enchufismo da "cuñada de Carmela Silva", pero silencian que a enchufada da valedora é a irmá do voceiro do PPdeG, Pedro Puy.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 02/07/2018 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

"La cuñada de Carmela Silva: «Tu no sabes quién soy yo»". Así titulaba unha extensa crónica La Voz de Galicia para dar conta do supostos casos de enchufismo relacionados coa presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva. Un titular semellante ao utilizado por outros grandes medios de comunicación galegos como El Correo Gallego, La Región, El Progreso ou La Opinión.

A valedora do pobo presenta o informe de actividade de 2017.
A valedora do pobo presenta o informe de actividade de 2017. | Fonte: Europa Press - Archivo

Con todo, eses mesmos medios ocultan, agora, nos titulares, que a persoa enchufada pola valedora do Pobo, Milagros Otero, nesta institución, é a irmá do voceiro do PPdeG no Parlamento galego, Pedro Puy e filla de Francisco Puy Muñoz, catedrático de Filosofía do Dereito na USC, e mento da valedora. Un enchufe que lle valeu a reprobación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que considera "desviación de poder" e "arbitrariedade" o nomeamento de María Puy Fraga, tal e como adiantou GC.

Algúns deles, como La Voz de Galicia, mesmo ocutaron deliberadamente esta relación de parentesco cando deron a información sobre a sentenza e só aludiron a que era a irmá do dirixente popular en días posteriores, pero poñéndoo en boca dos grupos da oposición. Curiosamente, a irmá de Puy Fraga elixiu este xornal para explicar a súa situación actual. Nunha carta publicada por este medio di que a sentenza de "inxusta" e  que se o procedemento se fixo "mal", débese "corrixir", pero considera que ela é allea a esa cuestión.

De feito, tamén chama a atención o tratamento desta información con respecto a outros casos de enchufismo. Así, moitos destes medios reducen a noticia a unhas cantas columnas nas últimas páxinas de Galicia. Un tratamento que contrasta cos casos de "enchufismo" dos ex dirixentes socialistas Pachi Vázquez ou Xosé Clemente López Orozco, este último, salpicado na Pokemon, que se levaron a portada. Tamén o do rexedor de Ribadeo, Fernando Súarez, que aparecía neste sumario e cuxo caso quedou en nada.

O "ENCHUFISMO" DO BIPARTITO

O tema do "enchufismo" deu moito que falar para algúns medios durante o bipartito. Moitos destes grandes medios abriron portadas denunciando o "despilfarro" e os "enchufismos" do goberno do PSdeG e do BNG. De feito, medios como La Voz, El Correo ou Faro titularon con frases de Feijóo: "El despilfarro, la manipulación y el enchufismo pueden acabarse en un día".

O día de Feijóo chegou o 1 de marzo de 2009. Entón gañou por maioría absoluta o Goberno da Xunta, no que está desde entón. Pero o "despilfarro, a manipulación e o enchufismo" non acabaron ese día. Seguen dez anos despois. A diferencia agora, está no tratamento que do "enchufismo" e da "manipulación" fan os grandes medios de comunicación en función do partido político do que sexa o "enchufado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Gamela

Aude Lancelin "Bienvenida al mundo libre" Sobre as amenazas da concentración de medios de comunicación e redes sociais en mans privadas... https://youtu.be/U34clnFSVn0

4 argimiro

Tamén haberá que preguntar por qué algúns medios falan do tema da vicevaledora e non do da cuñada de Carmela Silva. Se cadra é porque teñen patrocinios da Deputación de Pontevedra, ¿non si?

3 Publicitatus

¿É unha pregunta retórica, non?

1 Gamela

Grazas a este xornal GC sabemos que LVG leva apañados máis de 10 millóns en subvencións directas ou indirectas do goberno do PP e iso NON é retórica (pero cicais a comparación entre o caso María Puy e a cuñada de Carmela Silva non é moi atinada !)

2 Rafael

A resposta é que a prensa en Galicia segue a ser como aquela prensa do Movimento Nacional. Un dos problemas que ten Galicia para evolucionar democráticamente é precisamente a prensa e os medios de comunicación públicos.

1 Gamela

Neste asunto creo que non hai moito de "enchufismo" como se verá cando o tema sexa explicado na Comisión de Peticións (?) mentres que no caso da cuñada de Carmela Silva a cousa foi moi distinta: figuraba de alta na empresa dende o 23 de xuño de 2008 e permaneceu cobrando ata 2013, sen que aparecera polo traballo máis alá de dous meses (?) En canto á carta de María Puy é un verdadeiro POEMA contra os xuíces do TSXG !!! O que non está nada mal se temos en conta a candidade de veces que este alto tribunal mete a pata en case todos os casos que logo se RECURREN ao Supremo !!! (exemplo PXOM de Vigo) Hai que ter OVARIOS para publicar unha carta así ¿ou non? https://www.lavozdegalicia.es/defau...