Unha guía práctica para facer fronte a patoloxía da esclerose múltiple

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Federación Galega de Esclerose Múltiple asinan un convenio coa intención de abordar esta patoloxía.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/07/2018 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

Poñer en marcha medidas e puntos de defensa comúns e elaborar unha guía de carácter público sobre a abordaxe da patoloxía da esclerose múltiple son os obxectivos desta iniciativa. Foron a decana do COPG, María Rosa Álvarez Prada, e Rosa María Villar Cordovés, a presidenta da FEGADEM, as encargadas de ratificar este convenio que permitirá fomentar o intercambio de información sobre as necesidades das persoas afectadas por esta patoloxía. 

A presidenta de FEGADEM, Rosa María Villar Cordovés, e á dereita, a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, María Rosa Álvarez Prada.
A presidenta de FEGADEM, Rosa María Villar Cordovés, e á dereita, a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, María Rosa Álvarez Prada. | Fonte: Cedida

Fomentar o intercambio de información para mellorar a Atención Integral. Para mellorar non só a atención cara aqueles que padecen a patoloxía, senón para todos aqueles que a sofren: as súas familias e/ou  referentes, así como por outras enfermidades neurodexenerativas, á vez que promover as alianzas oportunas para o deseño e desenvolvemento de programas e proxectos conxuntos que cumpran cos obxectivos estratéxicos de ambas entidades.

En Galicia, hai arredor de 3.000 pacientes rexistrados con esclerose múltiple, polo que se
trata dunha das comunidades autónomas con maior incidencia no conxunto do Estado, e
unha adecuada atención psicolóxica é fundamental para proporcionar unha mellor
calidade de vida ás persoas afectadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta