Ana Miranda acusa a Israel de ser un estado "pirata" tras o secuestro da tripulación da Flotilla da Liberdade

A eurodeputada e coordinadora de Relacións Internacionais do BNG condena o ataque de Israel e reclama o fin do bloqueo a Gaza.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/07/2018 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

A eurodeputada e coordinadora de Relacións Internacionais, Ana Miranda, traslada o apoio do BNG á Coalición da Flotilla Internacional e condena o secuestro da Flotilla por parte de Israel, esixindo a liberación da tripulación e das persoas voluntarias.

Un dos barcos da frota da liberdade en solidariedade con Gaza e apresado por Israel
Un dos barcos da frota da liberdade en solidariedade con Gaza e apresado por Israel | Fonte: mujerdelmediterraneo.com

Miranda dirixiuse á Alta Representante de Acción Exterior da Unión Europea para
solicitar a intermediación do Goberno comunitario e que este poña fin ás relacións
diplomáticas con Israel “pois non se pode negociar cun Estado pirata que secuestra,
mete a menores na cadea, practica o apartheid, asasina e vulnera sistematicamente
os dereitos humanos das persoas palestinas”.

O BNG lembra que a Flotilla Internacional leva a cabo unha acción de solidariedade e
de denuncia do bloqueo en Gaza, sometida a un peche e boicot por Israel que provoca
o desabastecemento alimentario e sanitario, xerando unhas condicións inhumanas.

“A interceptación dos barcos a poucas millas da costa de Gaza por Israel co seu
posterior secuestro é unha violación do Dereito internacional, pois é un barco de
pavillón europeo con misión humanitaria. O Goberno español e a UE deben presionar
para a liberación destas persoas, a devolución do barco e a non repetición dun feito de
pirataría internacional que se ven repetindo dende que navegou a Flotilla Internacional
pola Liberdade, con asasinatos incluídos”, lembra a eurodeputada.

A propia Miranda formou parte desta flotilla en 2015, cando tamén foi secuestrada e
deportada por Israel. O BNG critica a “compracencia da comunidade internacional”
ante a ante o acoso sistemático de Israel ao pobo palestino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Grazas, Ana.