Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/08/2018 | Actualizada ás 12:03
Tres dos detidos no marco da operativo 'Barranca Bermeja' contra o tráfico de drogas, desenvolvido en Galicia e vinculado co comiso dun barco con carga de cocaína apresado nas illas Azores, prestaron declaración por videoconferencia ante o Xulgado de Instrución 4 de Vigo. Durante a mañá deste luns chegaron aos xulgados gran parte dos 27 arrestados no operativo, estando previsto que presten declaración polo menos 16 dos implicados.
O xuíz Juan Carlos Carballal tomou declaración por vídeo conferencia a dous dos detidos, de orixe colombiana e irmáns, E.M e M.M., que declaran desde Illescas en Toledo. A terceira videoconferencia prevista realizarase a un detido de nacionalidade holandesa, que prestará declaración desde os Xulgados de Estepona, na provincia de Málaga.
O arresto dun home, R.D.M., no aeroporto de Peinador en Vigo (Pontevedra) na noite deste xoves cando chegaba nun voo procedente de Madrid elevou a 27 o número de persoas detidas no operativo desenvolvido pola Policía Nacional.
No operativo, coa colaboración do Servizo de Vixilancia Aduaneira, os policías asaltaron tamén un segundo barco, un pesqueiro, que navegaba cara a un punto establecido para, presuntamente, recibir un cargamento de droga e trasladalo até un porto da provincia da Coruña. Na embarcación, das habituais que traballan legalmente en augas fronteirizas entre España e Portugal, viaxaban tres mariñeiros que foron detidos ao estar en plena conivencia coa organización que lles encomendou o traballo.
Esta segunda embarcación dirixíase ao encontro do remolcador que foi interceptado pola Policía e por Vixilancia Aduaneira preto dos Azores, con carga de cocaína. Este achado desencadeou as actuacións que motivaron máis dunha trintena de rexistros en Galicia, Huelva, Marbella e Toledo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.