O equipo de drons da AXEGA sumase ao operativo de procura dun sexagenario desaparecido en Monforte

O home desaparecido, de 64 anos de idade, pertence a unha asociación de persoas con discapacidade, a pesar de que dispón de autonomía e frecuentemente paseaba pola localidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2018 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

O equipo dos drons da Axencia Galega de Emerxencias sumouse ao operativo de procura activado pola Policía Nacional para tratar de localizar a un home de Monforte de Lemos (Lugo), desaparecido o pasado 3 de agosto.

Dron. CO2 REVOLUTION
Dron. CO2 REVOLUTION | Fonte: Europa Press

Durante a mañá deste xoves, os técnicos do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA trasladaron á localidade luguesa o equipo de drons para participar nos rastrexos que se realizarán nun espazo acoutado pola Policía Nacional.

O home desaparecido, de 64 anos de idade, pertence a unha asociación de persoas con discapacidade, a pesar de que dispón de autonomía e frecuentemente paseaba pola localidade, segundo indica o servizo de emerxencias do 112 Galicia. Ademais do equipo de drons da AXEGA, na xornada deste xoves, tamén colaborarán neste operativo os Bombeiros de Monforte.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xa pediu o 23 de agosto á Subdelegación do Goberno e á Policía Nacional organizar "outra batida con medios públicos e con participación cidadá" para reimpulsar a procura do veciño de 64 anos desaparecido a principios de mes.

Carlos Yánez vivía na residencia da asociación Prodeme e non regresou a pasar a noite o día 4. Despois de que a entidade presentase a denuncia por desaparición, o día 17 activouse un dispositivo especial no que participaron un helicóptero da Policía Nacional, submarinistas do grupo especial de actividades subacuáticas (GEAS) da Garda Civil, efectivos do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e axentes locais.

Con todo, este despregamento non obtivo ningún resultado, polo que agora o alcalde do municipio pediu reimpulsar a procura con medios públicos e con participación cidadá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta