A Xunta só realizou un mantemento especial en 16 pontes, menos do 1%

A Xunta actuará en 2019 nas pontes Ceilán, Misericordia, Nafonso e do río Deva, e Ethel Vázquez destaca que o estado xeral é "bo".

Por E.P. | A coruña | 10/09/2018 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

Un total de 16 pontes da rede de estradas autonómicas requiriu unha actuación especial de conservación nos últimos anos, o que supón o 0,87% do total das 1.837 estruturas deste tipo existentes --cunha lonxitude de máis de tres metros entre alicerces--.

Francisco Menéndez e Ethel Vázquez. XUNTA
Francisco Menéndez e Ethel Vázquez. XUNTA | Fonte: Europa Press

Diso informou este luns a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, quen destacou que o estado de conservación das pontes en Galicia é "bo" cun "control permanente", polo que quixo mandar unha mensaxe de "tranquilidade", após o derrube o pasado mes de agosto dunha ponte en Xénova.

De feito, sinala que nestes casos nos que foi necesaria unha inspección especial e máis en profundidade non existían danos estruturais graves, senón que tan só houbo que facer rehabilitacións puntuais ou tratamentos preventivos de cara a atallar futuras deterioracións.

A corrosión e as fisuras por elementos como a auga son algúns dos casos que provocan o maior número de arranxos. Como exemplo deste tipo nas actuacións especiais está a ponte da Illa de Arousa (Pontevedra), o máis longo de Galicia con 2 quilómetros, que necesitou unha rehabilitación estrutural do formigón e accións paliativas fronte á auga. Outra obra de mantemento en marcha é na ponte da Barca, en Pontevedra.

A Xunta levará a cabo en 2019 catro actuacións máis especiais en: ponte Ceilán, na AC-550, entre Noia e Outes; a ponte sobre o río Deva, entre Cortegada e Padrenda; a ponte da Misericordia, en Viveiro; así como Ponte Nafonso, en Outes.

Puente de Rande tras la ampliación
Puente de Rande tras la ampliación

Infraestruturas realiza tres tipos de revisións nas pontes, unha de tipo rutineiro (cada 15-18 meses), outra en profundidade (cada cinco anos) e outra de tipo especial (cando se detectan elementos danados que así o xustifican).

CASE 300 PONTES CON MÁIS DE 100 ANOS

As vías autonómicas contan con 5.500 quilómetros, dos cales 170 quilómetros son pontes (hai 308 pontes de pedra e 1.497 de formigón). O 76% das pontes están sobre o curso da auga e hai unha estrutura elevada en cada tres quilómetros de estrada.

Ademais, hai 292 pontes anteriores ao ano 1900, o que supón o 16% do total. Un dos casos significativos é o da ponte romana de Bibei, en Trives (Ourense), do ano 80 despois de Cristo

Así mesmo, a conselleira de Infraestruturas destacou o investimento de 55 millóns da Xunta desde 2009 na conservación de estradas, dos cales 19 millóns destináronse a pontes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta