O bus urbano da Coruña, 10 céntimos máis barato e de balde até os 13 anos

O Concello espera que esta medida sexa unha realidade antes de que remate este ano.

Por E.P. | A CORUÑA | 26/09/2018 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña aprobará de maneira inicial este xoves, nunha xunta de Goberno local extraordinaria, a redución das tarifas do bus urbano en 10 céntimos. Así o asegurou o concelleiro de Mobilidade, Daniel Díaz Grandío, que espera que esta medida sexa unha realidade antes de que finalice o ano. Tras a aprobación en xunta de Goberno, deberá recibir o visto e prace da Comisión de Prezos de Galicia da Xunta de Galicia.

Autobús urbano da Coruña
Autobús urbano da Coruña | Fonte: MARC912374.

A rebaixa, segundo anunciou o Executivo municipal, será de 10 céntimos. Así, a tarifa xeral rebaixarase até os 1,20 euros fronte aos 1,30 actuais, e tamén para os usuarios do bonobús, que pasarán a pagar 75 céntimos en lugar dos 85 de agora.

Unha baixada que tamén repercute no billete social, cuxos usuarios pasarán a depositar 23 céntimos por cada traxecto. Ademais, a gratuidade do billete ampliarase até os 13 anos.

Díaz Grandío sinalou que a Compañía de Tranvías está a ser informada do proceso e que presentou alegacións á medida. "Desestimáronse 13 das 15 alegacións presentadas", asegura.

IMPACTO ECONÓMICO

A rebaixa, que se producirá o día un do mes seguinte a obter o aprobado da Xunta, terá un impacto económico de entre dous e tres millóns de euros.

O edil quixo lanzar unha mensaxe "tranquilizadora" aos traballadores da empresa concesionaria ao asegurar que a rebaixa non repercutirá nos seus salarios.

"A empresa non tería xustificación para rebaixar salarios", di o concelleiro, que sinala que, con todo, a Compañía de Tranvías recibirá un beneficio do seis por cento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta