Investigan o incendio supostamente provocado dun coche estacionado en Vigo

A Policía Local de Vigo investiga o incendio, supostamente provocado, dun vehículo que estaba estacionado na Avenida Alcalde Lavadores, e resultou completamente calcinado.

VIGO | 26/09/2018 | Actualizada ás 19:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Policía Local de Vigo investiga o incendio, supostamente provocado, dun vehículo que estaba estacionado na Avenida Alcalde Lavadores, e resultou completamente calcinado.

Os feitos ocorreron na madrugada deste mércores, cando unha dotación acudiu a esa zona alertada polos veciños, debido a que había un coche ardendo. Até o lugar tamén se desprazaron efectivos de bombeiros, que extinguiron as chamas, e púidose comprobar que o vehículo, unha Nissan Vanette Cargo, quedou practicamente calcinado.

O lume afectou tamén á fachada do edificio máis próximo, ao balcón do primeiro piso, e a un enreixado de entrada a unha perruquería, no baixo do mesmo inmoble.

Unha testemuña relatou aos axentes que, media hora antes, ao lugar chegou un turismo do que baixaron catro individuos, e que estiveron aporreando a porta dunha vivenda, cuxo morador é o propietario do vehículo sinistrado. Ao non recibir resposta, ese catro individuos abandonaron a zona.

A Policía investiga agora as circunstancias que rodearon o incendio, así como a posible relación entre ese incidente e a presenza dese catro varóns que chamaron á vivenda do dono.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta