Guitarra con pezas galegas para que teñan estatus nos ámbitos académicos musicais

"A música galega non pode estar ausente na literatura que hai para este instrumento; como tampouco se pode negar a evolución da creación tradicional para acadar novos espazos na música", asegura o musicólogo Manuel Herminio Iglesias.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 15/10/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O músico e colaborador do Galicia Confidencial, Manuel Herminio Iglesias, acaba de publicar Loureiro Verde. É un libro con 50 pezas de música tradicional e pezas propias para guitarra co obxectivo de dar un paso máis na integración da música galega en ámbitos onde hoxe non está de maneira regular.

Polo tanto, o traballo editado, ten como obxectivo que a música galega entre no campo do ensino musical das Escolas e Conservatorios de música e tamén estea presente nos actos e reunións musicais. O libro está prologado pola profesora e concertista de guitarra do Conservatorio de Santiago de Compostela Isabel Rei Samartín.

Case todas as partituras teñen, o seu inicio, un texto ben con parte da letra ou frases que contextualizan a partitura. A guitarra é a día de hoxe, pola súa versatilidade e o facil acceso, un instrumento harmónico mundial sumamente popular. "E a música galega non pode estar ausente na literatura que hai para o mentado instrumento; como tampouco se pode negar a evolución da creación tradicional para acadar novos espazos na música que supere o campo tradicional, iso si, partindo e respetando a súa propia raigame", apunta o autor. Manuel Herminio Iglesias xa publicou anteriormente A Aguitarra e a Música tradicional; Foles d'ouro e Rosas e Craveles.

Partitura para guitarra
Partitura para guitarra | Fonte: Manuel Herminio Iglesias

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta