Voces no PSdeG chaman á unidade para "non acabar como En Marea" en Ourense, Ferrol e A Coruña

Líderes socialistas alertan de que as agrupacións de tres das principais cidades galegas poden rematar enfrontadas e divididas de cara ás municipais. Apostan polo modelo de integración acadado en Santiago en torno á figura de Xosé Sánchez Bugallo e confían en volver coller músculo institucional para superar ás mareas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/10/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

As primarias é un procedemento que hai que usar con intelixencia, porque ten os seus riscos e as súas vantaxes. Deben darse nun contexto de compañeirismo e disputa leal, para evitar as posibles consecuencias negativas". Quen fixo esta advertencia non é un dirixente calquera do PSdeG. É o seu presidente, Xaquín Fernández Leiceaga, que sabe mellor que ninguén a importancia dos pactos.

Reunión de la ejecutiva del PSdeG
Reunión de la ejecutiva del PSdeG

 

Precisamente el foi candidatos nas primarias á Secretaría Xeral do partido, pero, finalmente, decidiu pactar con Gonzalo Caballero. Optou polo pragmatismo e por un acordo que deixou fora de xogo a Juan Díaz Villoslada e a moitos dos baróns socialistas que o apoiaban. Ese pacto supuxo que moitos dos seus colaboradores acabaran na Executiva de Caballero.  E, ese modelo, o do pacto, e o do pragmatismo que tanto practica o PSdeG, é o que reclama agora el e outros dirixentes de cara ás primarias.

 

Curiosamente, tamén outro peso pesado do partido, no seu día enfrontado a Leicega, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, tamén pedía que se "minimicen" as diferenzas recoñecía que as primarias son "procesos reais nos que a xente confronta proxectos e liderados" e que, por tanto, "xeran tensións". Por iso, pedía actuar con "intelixencia". "A demostración de intelixencia é que recorrer ao proceso máis difícil de elección de candidato -as primarias-- non se converta nun campo de batalla, nunha lameira para ferir as perspectivas electorais dun partido", indicaba

Mitin do PSdeG PSOE no Palexco da Coruña durante a campaña das elecións xerais
Mitin do PSdeG PSOE no Palexco da Coruña durante a campaña das elecións xerais

 

E que hai moito temor no PSdeG a que se repita en grandes cidades o que está acontecendo en En Marea, cunha fonda división interna. O propio Leicega alertaba ese luns sobre ese risco. “Hai vantaxes e inconvenientes e así se pode ver con claridade despois desta fin de semana", dixo en alusión a asemblea de En Marea. E a alerta está xustificada, sobre todo, nas agrupacións de tres grandes cidades; A Coruña, Ourense en Ferrol.

 

DIVISÓN EN TRES GRANDES CIDADES

 

Na Coruña son catro os candidatos; o portavoz municipal, José Manuel García, avalado polo grupo de Mar Barcón, o avogado Rafael Arangüena, que é vicesecretario de relacións institucionais da agrupación local e irmá de Pablo Arangüena –gran aliado de Gonzalo Caballero--,  a tamén avogada Inés Rei e, finalmente, o empresario Juan Ignacio Borrego, antigo membro da executiva local, que dimitiu por desavinzas co equipo que dirixe a secretaria local, Eva Martínez Acón.

 

A situación complícase en Ourense con cinco candidatos e tres deles dunha mesma corrente. Ademais da lista do portavoz municipal, José Ángel Vázquez Barqueiro, hai tres candidatos que saen da corrente Terceira Vía, aliada no seu día con Gonzalo Caballero. Son Elena de Prada, vicedecana de Relacións Internacionais na Facultade de Empresariais de Ourense, Antón Alonso, e Marcos Diéguez. O quinto candidato en liza será Jainer Fitzgerald Barros, que deixou hai un tempo a Terceira Vía.

 

E, finalmente, en Ferrol, o enfrontamento enconado que existe nesta agrupación desde hai anos tamén tivo reflexo neste proceso coa presentación de tres listas. Está a do senador Ángel Mato, próximo ao presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a de Germán Costoya, próximo á secretaria local, Beatriz Sestayo, e o vice secretario xeral do partido na cidade, Antonio Golpe.

 

“Como vaiamos ao enfrontamento as posibilidades van ser nulas nestas cidades”, apunta un veterano dirixente consultado que asegura que que nestas tres urbes, con bos candidatos e bos proxectos, mesmo hai a posibilidade de volver retomar o poder. E o certo é que todas as enquisas apuntan a resultados axustados nesas tres cidades con probables cambios no bastón de mando, sobre todo, en Ferrol.

 

NON REPETIR OS ERROS DE EN MAREA

 

Nós a diferenza de En Marea somos pragmáticos e penso que hai que pensar máis coa cabeza que coas vísceras”, apunta este dirixente que considera que, finalmente, pode haber acordo en boa parte destas cidades. E, para iso, pon como exemplo o acontecido en Santiago. Un modelo, o de Santiago que tamén resaltou Leiceaga e o propio secretario xeral, Gonzalo Caballero, tras o pacto acadado entre Gumersindo Guinarte e Pepe Bugallo. 

 

"Foi un magnífico alcalde", destacou este luns Leiceaga, quen destacou o "peche de filas" ao redor dun candidato e o "esforzo de integración exitoso". "Imos colaborar todos para que volva Bugallo a ser alcalde", insistiu en contraposición as divisións encarnizadas que existen na Marea.

 

“Ese é o modelo que non podemos seguir. Temos moita máis historia e máis experiencia como para matar nós mesmos a ilusión polo cambio”, indicou este dirixente que confía en pactos de última hora. O obxectivo é poder sumar máis poder institucional do que xa teñen e gañar músculo político fronte ás mareas. De feito, en Ferrol os distintos candidatos amosaron xa vontade de acordo e o mesmo podería acontecer na Coruña e en Ourense cando os distintos cabezas de cartel midan os seus apoios a medida que se aproximan as primarias.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 comunista independentista

Xa lle gustaría ao P$O€ "acabar como En Marea": cunha mocidade obreira, organizada e activa derrotando democraticamente á vella garda xerontocrática e conservadora. Así, polo menos, terían futuro.

1 comunista de Botín

si sodes todos moi traballadores os liberadiyos. E por que metestes ao pacovazquiano de senador

2 MaikelborrachoideNoia

Están a ver se poden ser aínda máis oportunistas que o BNG. Está a cousa reñida. Porén, teñen o mesmo hándicap que os bloqueados: as malditas hemerotecas.

1 4000 euros máis chofer

Se todo o que lle podedes acusar ao BNG é cousa de actuais mareantes ou cousas que facedes vos multiplicadas por dez

1 Gamela

Nunca segundas partes foron boas... Bugallo está amortizado! O mesmo que está a suceder con Caballero (12 anos son unha Eternidade!) https://i.gal/CartaNadal2018 Seica imos camiño da XERONTOCRACIA !!!