Así é o preso máis perigoso de España... e está nun penal galego

As medidas de seguridade con el son máximas. Unha das catro alas do módulo de illamento da prisión de máxima seguridade de Teixeiro foi reformada expresamente para acollelo. El só conseguiu reducir a cinco funcionarios de prisións noutro cárcere de máxima seguridade. Aseguran que o seu caracter é o dun "psicópata". Vídeo no interior.

Por Xurxo Salgado | Teixeiro | 28/11/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Non é un terrorista, nin un asasino en serie. O preso máis perigoso de España chámase Fabrizio Joao Silva Ribeiro, é un guineano de 36 anos, e leva case dous anos e medio nunha prisión galega, no penal de máxima seguridade de Teixeiro, na Coruña. Ten que cumprir unha pena acumulada de 60 anos por dúas condenas. 

Cela de máxima seguridade
Cela de máxima seguridade | Fonte: elespañol.es

A primeira delas impuxéronlla por matar en Bilbao á súa moza, á que lle asestou 25 puñaladas despois de violala e asfixiala. Foi en 2004. A segunda foi por acabar cun reo case tan violento como el dentro do cárcere de Córdoba. Fíxoo en 2014. Foi tal a violencia empregada que os médicos non puideron facer nada. Desde entón navega polos principais penais de máxima seguridade do Estado.

Antes de chegar a Galicia estivo na Prisión Puerto III, en Puerto de Santa María (Cadiz), ao que trasladaron desde Córdoba tras asasinar a outro preso. E foi alí onde aumentou a súa sona do reo máis perigoso de España. O xornal El español calificouno como “El Hannibal Lecter de las cárceles españolas”. 

Na prisión andaluza case que acabou coa vida dun funcionario e causou graves lesións a outros catro. Eran os cinco funcionarios que estaban encargados da súa custodia, nunha quenda reforzada, e, aínda así, estivo a piques de causar unha nova desgraza. 

Tras o incidente, a Fabrizio Joao Silva Ribeiro trasladarono á prisión galega. Os cinco funcionarios déronse de baixa laboral. O parte de danos foi salientable: a un estivo a piques de seccionarlle a vea iugular, a outro rebentoulle a boca, a un terceiro o nariz, a outro causoulle un fondo corte no brazo e ao quinto danos nos dous xeonllos. Iso foi o parte oficial ademais dos negróns e golpes en distintas zonas do corpo.

Fabrizio Joao Silva Ribeiro, o preso máis perigoso de España está na prisión de Teixeiro
Fabrizio Joao Silva Ribeiro, o preso máis perigoso de España está na prisión de Teixeiro | Fonte: lavozdigital.es

De feito, estes días varios medios dixitais andaluces publicaban o violento vídeo desa agresión, tal e como se pode ver aquí:

VÍDEO DA AGRESIÓN

Por esa agresión tivo que responder ante o xuíz en xuño deste ano. A Fabrizio acompañouno un grupo especial da Guardia Civil que o trasladou desde Teixeiro a Cádiz. Alí botou un mes. Fontes consultadas por GC indican que ese día paralizouse “por completo” o penal galego. Impedironse as visitas e os presos permaneceron nas súas celdas ata que o reo entrou no vehículo da Benémérita especialmente destinado para el. 

PRESO DE “PERIGO EXTREMO”

Fabrizio Joao está catalogado como preso de “perigo extremo”. Na prisión galega non ten contacto algún cos funcionarios. Está metido nunha cela de “máxima seguridade” reforzada con dobre porta. No argot carcelario coñécese como “cangrexo” porque ten barrotes e ábrese e péchase cando o necesitan. Deste xeito ten unha porta metálica e outro de barrotes pola que é atendido o reo, ao que lle está prohibido calquera contacto con outras persoas.

De feito, os psicologos e persoal médico que o ten atendido en Teixeiro ten que utilizar este sistema. Non pode superar esa segunda porta. Segundo funcionarios consultados por este medio, o seu carácter é o dun “psicópata”. “Non amosa ningún tipo de emocións e a súa ollada semella estar cargada de odio... É un perigo en potencia”, din.

Precisamente por iso, as medidas de protección son máximas. Frabrizio Joao está el só nunha das catro alas do módulo de illamento, o máis vixiado e reforzado de toda a prisión. Nas outras tres alas hai dez celas, case sempre ocupadas por varios internos. Na súa ala, tamén con varias celas, está el só. De feito, ese módulo houbo que adaptalo especialmente para el. Alí almorza, come e cea só, sen contacto con ninguén. Os funcionarios pásanlle e recollen as bandexas desde a porta. E as súas visitas ao patio –entre dúas e tres horas-- fanse directamente a través da súa cela. Nestes dous anos e medio no penal galego tampouco tivo a visita de ningúen.

Fabrizio Joao con todo mantense nun “excelente estado físico”. Segundo as fontes consultadas aproveita as horas que está no patio, “e mesmo na cela”, para realizar moito exercicio físico. Iso, os seus máis de cen quilos e dous metros de altura fan del un perigo en potencia.

Actualmente hai certo temor en Teixeiro  ante a posibilidade de que este reo poida causar unha nova desgraza. “Non hai un protocolo claro de como actuar”, apuntan as fontes consultadas que sinalan que, logo do acontecido tras a agresión aos cinco funcionarios de Cádiz, son ata dez os gardas que se encargan de custodialo no caso dun traslado ou dunha revisión.

SEN POSIBILIDADES DE REINSERCIÓN

As persoas que coñecen a este guineano aseguran que é “imposible” a súa reinserción. “É un psicópata en potencia e iso non ten cura”, apuntan. De feito, os especialistas que o tratan aseguran que non amosa “ningún tipo de arrepentimento” e que mesmo non dubida en dicir “que vai matar de novo”. 

“Este tipo de persoas é un perigo”, advirten. Tal e como está a lei actualmente, Fabrizio Joao só cumplirá 30 anos. Sairá en 2034, con 54 anos. “Unha idade, na que co seu físico, aínda pode causar unha nova desgraza”, aseguran. “E, o peor de todo, que se non se modifica esta situación, podemos estar falando da crónica doutra morte anunciada”, conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Fabrizio Joao Silva Ribeiro, é un guineano de 36 anos, que debera cumprir condena nun cárcere de Guinea Ecuatorial (neste caso sí que teríamos que pensar en repatriar ao rapaz, a ver se lle fai gracia a Teodoro Obiang!)

1 Chalana

Si, é ó propio Fabrizio tamén lle había facer gracia...!