Detido un mozo en Vigo por apuñalar nunha perna a outro que tentou mediar nunha liorta

O ferido foi trasladado en ambulancia do 061 ao PAC de Vigo e precisou puntos de sutura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2018 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo en Vigo a un mozo de 22 anos, de nacionalidade española e veciño de Baiona, que supostamente apuñalou nunha perna a outro home que tentou mediar nunha pelexa que se estaba producindo na praza de Portugal.

Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP - Archivo
Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP - Archivo

Os feitos, segundo informa a Policía Nacioal, producíronse ás 02,25 horas do día 7, cando os veciños chamaron aos axentes porque se estaba producindo unha pelexa na praza, na que un dos implicados tiña un brazo escaiolado.

Ao chegar ao lugar, tres mozos de preto de 20 anos, entre os que estaba o que levaba a escaiola, relataron aos axentes que foran agredidos por outro grupo de mozos que escaparan correndo, a través da rúa República Arxentina. Os axentes lograron localizar nese momento a tres novos que estaban a fuxir e, ao identificalos, comprobaron que un deles estaba a sangrar na parte superior da coxa debido a un profundo corte.

Ao preguntarlle o motivo da ferida, aseguroulle que, cando mediaba nunha discusión, un mozo que levaba o brazo escaiolado e que formaba parte da liorta, sacara unha navalla negra e dourara e lla cravara na perna. O mozo tivo que ser trasladado en ambulancia do 061 á PAC Vigo, debido a que precisaba de puntos de sutura.

A navalla foi localizada pouco despois á beira dos mozos que foran identificados inicialmente, e procedeuse á detención do rapaz co brazo escaiolado como suposto autor dun delito de lesións con arma branca. O detido e as dilixencias foron postas a disposición do Xulgado de Garda de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

Aqui temos um problema real, de todos os dias e por suposto nenhum representante político gastara um segundo em comentar os feitos, analisar as causas e propor soluções.