Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2018 | Actualizada ás 12:00
A Policía Nacional comunicou este luns que mantén "todas as hipóteses abertas" sobre a desaparición de Omar Delgado López, un mozo de 22 anos que falta desde a madrugada do pasado venres en Ourense.
Así mesmo, sinalou que se traballa na procura desta persona de forma ininterrompida na contorna máis próxima do mozo desde a comunicación da súa desaparición a través de "xestións de varios tipos" —como declaracións de amigos e testemuñas— e o "posicionamento do teléfono".
"A procura física fíxose e séguese facendo, pero está a traballarse en sacar información que poida axudar en centrar a procura. Están abertas todas as hipóteses", concretaron responsables do corpo de seguridade.
Segundo explicaron fontes da Policía Nacional, foi a familia a que alertou da desaparición do mozo, que falta desde as 3,30 horas do venres, cando se separou dos seus amigos. Omar Delgado López foi visto por última vez na rúa Valle Inclán, mide 1,75 metros e cando desapareceu vestía camiseta branca, camisa negra e pantalóns escuros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.