Vigo volverá mobilizarse pola sanidade pública o 24 de xaneiro

Abel Caballero expresou o apoio a esta manifestación, así como á celebrada o pasado xoves 27, na que participaron "máis de 37.000 persoas", segundo cálculos da Policía Local

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 28/12/2018 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia

A presidenta da xunta de persoal da área sanitaria de Vigo, María José Diéguez, anunciou que convocan a toda a cidadanía a participar nunha manifestación o próximo día 24 de xaneiro.

Manifestación en Vigo a prol da Sanidade pública, o pasado 27 de decembro
Manifestación en Vigo a prol da Sanidade pública, o pasado 27 de decembro | Fonte: Miguel Núñez

Esta nova mobilización da sanidade viguesa enmárcase nunha situación de "saturación" da Atención Primaria que derivou na dimisión de 25 xefes de servizo da área e que o pasado mércores congregou a "máis de 37.000 persoas" pola "dignidade" da atención sanitaria, segundo cálculos da Policía Local facilitados polo consistorio vigués.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou este venres que tras a manifestación quedou claro que a cidade "quere unha mellor sanidade". Expresou o seu apoio á manifestación do vindeiro 24 de xaneiro, á que asegurou que asistirá, e agradeceu aos profesionais que convocasen a do pasado xoves, así como "todo o seu traballo" pola defensa dos pacientes.

SOS SANIDADE PÚBLICA

Por outra banda, SOS Sanidade Pública considera que a cidadanía entendeu "que o que se está pedindo por parte dos profesionais son máis recursos para prestar unha asistencia sanitaria máis digna". Para o colectivo, este extremo explicaría a "masiva presenza" da cidadanía nas rúas de Vigo o pasado xoves.

Desde SOS Sanidade Pública criticaron as palabras de Feijóo "menosprezando" a poboación que acudiu á manifestación. A xente "non se deixa enganar", dixeron, e é "plenamente consciente da situación na que está a sanidade pública, porque o padece cada vez que vai a un centro de saúde ou a unha PAC".

SOS Sanidade Pública tamén trasladou que a dimisión dos 25 xefes de servizo da área de Vigo se debe á súa "frustración" e é o "resultado" das "políticas sanitarias de Núñez Feijóo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta