Por E.P. | A CORUÑA | 03/01/2019 | Actualizada ás 14:55
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, lamentou este xoves a prórroga da concesión da AP-9 por 25 anos concedida polo anterior executivo de Mariano Rajoy "porque impide liberalizar a autoestrada".
Sobre esta cuestión, nunha entrevista á cadea Cope, Losada recordou que o Executivo actuou con outras vías cuxa concesión finalizou "pero non é posible adoptar as mesmas medidas na AP-9". Ademais, reivindicou que o Goberno permita" o debate no Congreso sobre a transferencia da titularidade da vía, "vetado polo anterior Executivo durante anos".
Mentres, respecto da subida da peaxe, detallou que é un "problema que vén trasladado dunha decisión do PP no seu momento, que prorrogou a concesión 25 anos máis". "Como Goberno, o que facemos é cumprir acordos asinados tanto por gobernos do Partido Socialista como do Partido Popular", expuxo.
Noutra orde de cousas, e preguntado sobre os datos de criminalidade, destacou que Galicia é unha autonomía "segura". Aínda así, recoñeceu que os persoais das forzas e corpos de seguridade do Estado están minguadas, aínda que dixo que o Executivo traballa na convocatoria de novas prazas para aumentar a taxa de reposición.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.