O premio á investigación sobre historia postal recae no galego Manuel López Méndez

O seu traballo, "Memorias dun neno telegrafista" será publicado durante o 2019 e é unha crónica dos últimos anos da telegrafía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2019 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

Manuel López Méndez, nacido en Sarria (Lugo) e traballador de Correos en Santiago durante máis de 40 anos ata a súa xubilación en 2013, foi recoñecido cun dos premios da I Convocatoria de Axudas á Investigación que promove a empresa postal e de paquetería.

Gañador premio Correos. CORREOS
Gañador premio Correos. CORREOS | Fonte: Europa Press

A súa obra 'Memorias dun neno telegrafista', que será publicada durante 2019 cunha tirada de 2.000 exemplares, é unha crónica na que se relatan os últimos anos da telegrafía e a transformación das telecomunicacións coa chegada das novas tecnoloxías e sistemas de comunicación en España.

O xurado valorou de xeito especial "a orixinalidade e o acerto do autor para combinar a narración dunhas memorias" co "relato preciso e detallado do traballo e funcionamento do servizo telegráfico" en España, así como dos cambios ocorridos nos sistemas de comunicación.

"Todo iso envolvido na crónica social, cultural e política da historia de España naqueles anos", recoñece Correos. A outra obra premiada nesta convocatoria foi 'O cartón de identidade postal: as orixes do DNI'. Este traballo, de Marcos García-Díez e Manuel Zaragoza Ruíz de Azagra, analiza a orixe e desenvolvemento dos carnés postais, antecedentes do DNI español, que datan de 1913.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta