Marea de Ferrol ve "moi difícil" chegar a acordos co actual Ferrol en Común

A formación ferrolá aseguran que non queren "inmiscirse nos procesos que viviu En Marea".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2019 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

A formación política Marea de Ferrol, con integrantes escindidos de Ferrol en Común, presentaron esta mañá en rolda de prensa o seu plan de traballo de face ás próximas eleccións municipais de maio de 2019, que establece a celebración dun proceso de primarias o próximo mes de febreiro para elixir a lista que concorrerá aos comicios.

Rolda de prensa de Marea Ferrol.
Rolda de prensa de Marea Ferrol. | Fonte: Europa Press

Marea de Ferrol fai un chamamento ás forzas progresistas e de esquerdas da cidade para configurar unha alternativa que goberne a urbe en 2019. Aínda que avogan polo diálogo con todas as formacións, recoñecen que ven "difícil chegar a un acordo con Ferrol en Común logo das políticas que levaron a cabo nestes tres anos e medio", afirmou un dos seus portavoces, Alexandre Carrodeguas.

"Co actual Ferrol en Común vémolo un pouco difícil, pero ao diálogo estamos aberto con todas as forzas progresistas", insistiu Carrodeguas. En todo caso, o portavoz sinalou que aínda descoñecen quen será o candidato de FeC, nin como se van a configurar as candidaturas.

Neste sentido, outra das portavoces da formación, Lucía Vizoso, afirmou que cando se vaian esbozando as candidaturas, e "se se actúa un pouco razoablemente", a predisposición de todas as formacións progresistas será a de abrirse ao diálogo e ao entendemento.

Preguntados sobre se haberá conversacións con Ferrol en Común se o actual alcalde, Jorge Suárez, repite como cabeza de lista da formación, Vizoso recalcou que "o diálogo non se desfai nunca". En todo caso, engadiu que "a candidatura de FeC vai estar formada por máis persoas e non só Jorge Suárez" e que haberá que esperar a coñecer a composición da candidatura. En relación a este asunto, engadiu que a última palabra será da asemblea.

RELACIÓN CON EN MAREA

Precisamente na última asemblea de Marea de Ferrol os integrantes da formación aprobaron asinar o protocolo de adhesión a En Marea para concorrer ás eleccións baixo o paraugas instrumental da dirección que lidera Luís Villares.

A este respecto, Carredoguas e Vizoso explicaron que algunhas das persoas que conforman o partido ferrolán xa están inscritas de forma individual na a formación liderada por Luís Villares. Aínda que aseguraron que os procesos de ambas as formacións están moi vinculados remarcaron que son completamente "independentes" e suliñou que non nos queremos inmiscir nos procesos que viviu En Marea".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tadetas

O da libreta sigue agochado e sen dar a cara