Pachi Vázquez di que parará as listas alternativas en Ourense se rematan as "purgas" e hai integración

Afís a o ex secretario xeral apuntaron a posibilidade de prensentarse en 23 concellos da provincia, incluída a capital e pobos como Maceda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2019 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O que foi secretario xeral do PSdeG entre 2009 e 2013, Manuel 'Pachi' Vázquez, avisou de que a decisión "dun número importante" de socialistas de presentar candidaturas alternativas ao PSOE en varios municipios ourensáns "dependerá" de se se continúa na purga e o sectarismo" ou de "se se buscan acordos".

Pachi Vázquez. EUROPA PRESS - Arquivo
Pachi Vázquez. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

En declaracións á Radio Galega, recollidas por Europa Press, o que exdirixente socialista asegurou que "hai un número importante" de persoas e de agrupacións "a piques de dar ese paso" que, na súa opinión, non se producirá se se suma dentro para gañar fóra".

Precisamente, o pasado día 28 de decembro, os afíns Pachi Vázquez, aglutinados no Espazo Común Socialista, enviaron un comunicado aos medios no que consideraban "probable" a presentación de listas fóra do PSOE en 23 concellos da provincia, incluída a capital e pobos como Maceda, "tras numerosos contactos" e ante a "purga" e "marxinación" por parte da dirección provincial do PSDEG.

Respecto diso, o que tamén fose alcalde do Carballiño considerou que "seguirán no PSOE" aqueles militantes aos que a dirección lle deixe facer unha vida normal" e que non se vexan perseguidos e insultados".

Con todo, criticou que as direccións provincial e galega estean máis "pendentes" de designar a candidatos "amigos" que en elixir ao "mellor" aspirante. "Poderiamos facer unha lista moi grande de sitios nos que se sacrifica á persoa social polo cargo orgánico amigo", argumentou Pachi Vázquez, que considera que esta actitude fará que "moita xente que ten inquietudes e que se ve "inxustamente marxinada" tome a decisión de presentar un proxecto alternativo.

"Pódese ser socialista militante no PSOE e pódese ser socialista sen militar no PSOE", apuntou Pachi Vázquez, quen no pasado mes de decembro anunciou a súa baixa da formación socialista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta