Un libro afonda en cal vai ser 'O futuro das pensións'

Lidia Senra, Victoria Portas e Xabier P. Davila participarán na presentación da obra este venres en Pontevedra. A eurodeputada critica o PEPP, un plan de pensións que "pón en risco os aforros" e que "aumentará a brecha de xénero".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2019 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

A eurodeputada Lidia Senra, a portavoz da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Púbico de Pensións, Victoria Portas, e o economista Xabier P. Davila, presentarán este venres en Pontevedra o libro 'O futuro das pensións'.

O libro, que se repartirá de forma gratuíta entre todas as persoas que asistan á presentación, recolle textos dunha quincena de expertos nacionais e europeos en seguridade social, materia laboral, xubilación e pensións. Os autores xa participaran nunha xornada sobre a cuestión organizada por Lidia Senra no pasado mes de setembro. 

A eurodeputada denuncia que a Comisión Europea, o Consello Europeo e o Parlamento están a favorecer "o mercado de capitais" coa creación do chamado Produto Paneuropeo de Pensións (PEPP). "O que queren é crear un mercado da Unión Europea para os promotores de Plans de Pensións Individuais e non lles importa pór en risco os aforros de miles de persoas, incitándoas a investir en produtos de risco con tal de mobilizar ese diñeiro para beneficiar a grandes empresas do sector", denuncia Senra.

Isto ocorre, apunta, á vez que a UE "impón aos estados membros un teito para o gasto público que se traduce en recortes en servizos básicos, como o ensino ou a saúde" e "non dubida en recomendar que sigan detraendo recursos públicos mediante os incentivos fiscais para a contratación deste produto".

Para Senra, o PEPP será "tremendamente discriminatorio", pois "ter un nivel adecuado de pensión de xubilación dependerá da capacidade de aforro individual", á vez que "aumentará a brecha de xénero xa existente na actualidade".

"As mulleres percibimos menor salario, somos titulares de explotacións agrícolas máis pequenas e somos discriminadas na percepción das axudas da Política Agrícola Común", subliñou Senra, que cualificou esta decisión como "un paso máis no abandono por parte dos gobernos das políticas públicas e dos instrumentos básicos para a necesaria redistribución da riqueza".

Diñeiro
Diñeiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

As mulleres non perciben menor salario polo feito de ser mulleres. Para nada. E o conto chinés de sempre. Algunhas mulleres ocupan postos pouco cualificados, e, ao facer a media, sale una remuneración media mais baixa. Pero ese é un argumento que se usa a cotìo para sustentar victimismos e poder basar a ideoloxía de xénero. Repitamos: as mulleres non cobran menos polo feito de seren mulleres. Para nada.