O Colexio de Avogados de Santiago súmaxe ás queixas ao Goberno central por negar novos xulgados á cidade

O decano, Francisco Rabuñal, di que Compostela "necesita de forma urxente novos xulgados" e reivindicou "a nova sala do social".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2019 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

O decano dos avogados composteláns, Francisco Rabuñal, asegurou este venres que Santiago "necesita de forma urxente novos xulgados" e reivindicou "a nova sala do social" fronte á decisión do Goberno de non aceptar a proposta do TSXG e Xunta para pór en marcha un cuarto xulgado deste ámbito na capital galega.

Xulgados De Santiago, En Fontiñas
Xulgados De Santiago, En Fontiñas

Así o dixo Rabuñal durante a súa participación na celebración da festividade de San Raimundo de Peñafort, que nesta ocasión coincide co 175 aniversario do Colexio de Avogados de Santiago.

"175 anos despois, o colexio ten as mesmas reivindicacións, xa que naquel momento xa se falaba da necesidade de dotar á cidade de novos órganos xudiciais e administrativos", dixo Francisco Rabuñal.

No acto deste venres, a residencia de anciáns das Hermanitas da Caridade de San Marcos recibiu o X Premio Dereitos Humanos do Colexio, polo "seu labor constante e desinteresado para mellorar a vida das persoas maiores". Pola súa banda, César Rúa Martínez, Pedro Trepat Silva e José López Fernández recibiron as insignias de Ouro do colexio por cumprir 40 anos no exercicio da avogacía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta