O alcalde de Cabanas quere agora gobernar Narón

Germán Castrillón renuncia tras 12 anos de mandato para ser o candidato naronés do PP.

Por Galicia Confidencial | Narón | 25/02/2019 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón (PP), presentou este luns no rexistro do Concello a súa renuncia para continuar como rexedor tras doce anos no cargo e despois de ser elixido candidato popular á Alcaldía de Narón. A medida será efectiva o vindeiro mércores, 27 de febreiro, durante a celebración do pleno de fin de mes no que se dará conta da devandita renuncia.

Última candidatura do PPdeG en Cabanas, con Germán Castrillón ao fronte
Última candidatura do PPdeG en Cabanas, con Germán Castrillón ao fronte | Fonte: PP A Coruña

Deste xeito, Castrillón abandona a Alcaldía para competir pola de Narón, municipio no que reside, tendo en conta que o seu vínculo con Cabanas é laboral. Alí rexenta un negocio do sector do automóbil.

No seu escrito de renuncia, Castrillón agradeceu "aos veciños de Cabanas o ser merecedor da súa confianza e agarimo durante estes últimos doce anos", agradecemento que fixo extensivo tanto aos traballadores municipais como aos seus compañeiros de partido e resto de concelleiros cos que coincidiu nos distintos mandatos.

Ademais, tivo unha referencia especial para a Agrupación de Electores de Cabanas polo seu apoio, formación coa que gobernou en coalición durante dúas lexislaturas.

Germán  Castrillón tamén avanzou a súa intención de continuar "un tempo como concelleiro, sen retribución, para facilitar así a transición necesaria, momento tras o cal deixarei o Concello", dixo.

Segundo fontes consultadas, até as eleccións o rexedor será o actual primeiro tenente alcalde e concelleiro de Obras e Medio Ambiente, Manuel González López, mentres que a candidata do Partido Popular á Alcaldía de Cabanas nas próximas eleccións de maio será  Elena María Arias Martínez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

Cabanas queda lhe pequeno, e os do PP já não sabem a quem presentar em Narón para ter alguma opção. Espero que os cidadãos de Narón não se deixem engaiolar e rejeitem este tipo de transvases.