O poema 'Castellanos de Castilla' de Rosalía, en versión 'Malamente' da Rosalía cantante

A cantautora MJ Pérez grava unha adaptación titulada 'Malaxente'.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/02/2019 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

MJ Pérez é unha artista galega que bebe da esencia da canción de autor, unha fusión de diversos estilos musicais co predominio do rock-pop, pero onde tamén da espazo a experimentacións.

Rosalía ft. Rosalía - MALAXENTE Cap. 1: Castellanos de Castilla (MJ cover)
Rosalía ft. Rosalía - MALAXENTE Cap. 1: Castellanos de Castilla (MJ cover)

Un bo exemplo é esta mestura entre o poema 'Castellanos de Castilla' que canta adaptado á canción 'Malamente' da Rosalía cantante, talvez agora o maior fenómeno musical do pop español.

O resultado foi este, unha versión que MJ Pérez titulou 'Malaxente'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Mero

Eu pensaba que aquela "performance" cuchuspimenteira á flamenca do noso Himno galego no noso Parlamento de Galiza era insuperable... pero vexo que esta comunidade autoanémica sempre acada cotas de vergoña allea máis e máis altas...

1 Millo

Deixade a Rosalía en paz. Se o camiño pra que o galego non morra e aflamencar a música galega (ou australianizar a nosa natureza ou mediterraneizar as nosas casas das aldeas ou madrileñizar a rtvg) deixádea morrer en paz. Non é arriquecer, é aculturizar. Cousas coma esta xa as fan Pili Pampín e o Luar & Company. Cantar en galego (castrapo) éxitos españois é recoñecer a derrota de nós. Lembro o alalá das mariñas cantado por Uxía na BBC como se fora de Triana. Con razón os turistas que ven unha verbena galega pensan que están en Sevilla ou no Caribe. Galiza é unha sucursal de operación triunfo pero en cutre. Logo ven un grupo irlandés e colle un tema tradicional galego e sona máis galego que as versións que interpretan presuntos amantes da nosa tradición (gaitas marcianas, etc). Galiza é un Centro Gallego calquera deses que teñen na entrada un cartaz de touradas, paella e sevillanas.