Temas: AUTóNOMOS

Máis de 200 traballadores entraron no Bono Autónomo da Xunta na provincia da Coruña en 2018

Esta axuda está destinada a aqueles traballadores por conta propia que contan cunha antigüidade superior aos 42 meses.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2019 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, fixo balance da orde de axudas do Bono Autónomo, o cal, no 2018, beneficiou a máis de 270 autónomos da provincia da Coruña. Tal como sinalou a Xunta nun comunicado, esta axuda está destinada a aqueles traballadores por conta propia que contan cunha antigüidade superior aos 42 meses, que teñen uns rendementos netos inferiores a 30.000 euros ao ano e unha facturación mínima anual de 12.000 euros.

Segundo Rodeiro, na comarca de Santiago de Compostela recibiron este bono 109 beneficiarios e o total das axudas recibidas ascenderon ata máis de 248.000 euros. Así mesmo, na comarca do Barbanza, foron 31 os beneficiados, con ata 60.000 euros. O Bono Autónomo foi dirixido a 79 traballadores por conta propia das comarcas Bergantiños-Costa da Morte, que recibiron máis de 176.000 euros, así como a 55 persoas das comarcas de Ferrolterra, con máis de 105.000 euros.

Esta actuación, segundo explica a Xunta, conta con dúas liñas de axudas: unha destinada a apoiar os servizos destinados á investigación de mercado e plans de mercadotecnia, comunicación, estratexia ou reorientación do negocio; así como outra para investimentos relacionados coa compra de maquinaria, ferramentas ou servizos informáticos. "Con medidas como este Bono Autónomo ou coa creación da Oficina do Autónomo, a Xunta trata de facer que traballar por conta propia en Galicia sexa cada vez menos difícil e haxa menos cargas administrativas", subliñou Ovidio Rodeiro.

Paro, Parados Emprego, Desemprego, Traballo, INEM, Seguridade Social, Autónomo. EUROPA PRESS - Archivo
Paro, Parados Emprego, Desemprego, Traballo, INEM, Seguridade Social, Autónomo. EUROPA PRESS - Archivo

Temas: AUTóNOMOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta