Varela e Gayoso deixan Novacaixagalicia Banco

Os copresidentes de Novacaixagalicia, Mauro Varela Pérez e Julio Fernández Gayoso, anuncian a súa intención de dimitir do consello de administración de NCG Banca e das súas empresas participadas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 27/10/2011 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

O anuncio prodúcese logo de coñecerse as millonarias retribucións que obtiveron os dirixentes de Caixanova e Caixagalicia para retirarse logo da fusión e a constitución de NCG.

None

Os dous copresidentes consideran que a súa achega persoal ao proxecto do banco, como conselleiros dominicais,  pode ser substituída pola doutros representantes que a caixa decida para esta nova etapa que agora comeza.

Traballo feito

Ambos os dous dirixentes coinciden que o seu traballo xa está feito logo da valoración de Novagalicia Banco, incorporado o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) no seu capital social e no seu consello de administración, realizada a segregación de activos e pasivos da caixa ao banco e definidos os "axustes necesarios".

NCG informou que Julio Fernández Gayoso e Mauro Varela expuxeron ao consello o seu agradecemento por  a confianza depositada neles polos órganos de goberno da caixa para levar a cabo o nacemento de Novagalicia Banco, "desexando os maiores acertos e éxitos ao presidente, consello de administración e  dirección no maior interese social e económico de Galicia, das familias e empresas galegas".

A renuncia aos seus cargos de conselleiros farase efectiva no consello do banco cando tomen posesión os novos representantes designados pola caixa ao efecto.  Ambos os copresidentes porán a disposición do presidente de Novagalicia Banco os seus cargos  nas sociedades mercantís que sexan titularidade directa ou indirecta do grupo do banco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 ana

e o do meio da foto que deixe a Xunta

6 saña

Deixan a Caixa e cando os meten na Lama?

5 Ex cliente da Caixa

Creo que o titular desta nova está incompleto. Debería dicir: Varela e Gayoso deixan Novacaixagalicia Banco feito unha merda.

4 Cidre

Teño en Novagalicia Banco unha hipoteca e estou fodido. Mais, despois de contemplar a morte da nosa caixa, ista hipoteca non me impide respirar mellor despois de abrir unha Libreta de Aforro na única caixa galega que fica con vida, CAIXA RURAL GALEGA.

3 Bruar

Resumidamente: Si os xestores de CaixaNova e CaixaGalicia que tiñan como clientes ao 45% do mercado bancario en Galicia, cun negocio conxunto duns 75.000,000.000€ deixaron esas entidades bancarias fusionadas valoradas agora en 181,000.000 foron vos xestores que Dios lles perdoe porque calquera cunha mínima capacidade de análise o que pediría e que se foran directamente á rúa. Recoñecendo que as caixas permitiron ter e fomentar o tecido productivo propio, pero ao mesmo tempo, a sua penosa xestión deixounas na ruina só cabe dicir que foron uns XESTORES RUINOSOS. Tíñano ben doado e fixerono francamente mal.