Varela e Gayoso deixan Novacaixagalicia Banco

Os copresidentes de Novacaixagalicia, Mauro Varela Pérez e Julio Fernández Gayoso, anuncian a súa intención de dimitir do consello de administración de NCG Banca e das súas empresas participadas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 27/10/2011 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

O anuncio prodúcese logo de coñecerse as millonarias retribucións que obtiveron os dirixentes de Caixanova e Caixagalicia para retirarse logo da fusión e a constitución de NCG.

None

Os dous copresidentes consideran que a súa achega persoal ao proxecto do banco, como conselleiros dominicais,  pode ser substituída pola doutros representantes que a caixa decida para esta nova etapa que agora comeza.

Traballo feito

Ambos os dous dirixentes coinciden que o seu traballo xa está feito logo da valoración de Novagalicia Banco, incorporado o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) no seu capital social e no seu consello de administración, realizada a segregación de activos e pasivos da caixa ao banco e definidos os "axustes necesarios".

NCG informou que Julio Fernández Gayoso e Mauro Varela expuxeron ao consello o seu agradecemento por  a confianza depositada neles polos órganos de goberno da caixa para levar a cabo o nacemento de Novagalicia Banco, "desexando os maiores acertos e éxitos ao presidente, consello de administración e  dirección no maior interese social e económico de Galicia, das familias e empresas galegas".

A renuncia aos seus cargos de conselleiros farase efectiva no consello do banco cando tomen posesión os novos representantes designados pola caixa ao efecto.  Ambos os copresidentes porán a disposición do presidente de Novagalicia Banco os seus cargos  nas sociedades mercantís que sexan titularidade directa ou indirecta do grupo do banco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 xan soares

deixan... na ruina NovaCaixaGalicia. Agora estría ben que pasasen polos xulgados a explicarlle ao xuíz e aos galegos cómo se fumaron os seus aforros.

1 Foghete Patriot

Sí señor traballo feito, e ben feito. Coma culminación do seu excelente traballo conqueriron facer desaparecer cada unha das caixas. Eso chamase xestión empresarial. Sí señor.