A TVG e a Radio Galega teñen que modificar a programación habitual pola incidencia da folga do 8M

Anularonse varios programas habituais pola folga das xornalistas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2019 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

A folga convocada para este venres 8 de marzo, Día Internacional da Muller, tivo tamén incidencia nos medios de comunicación públicos, posto que obrigou a alterar a programación habitual tanto da Televisión de Galicia como da Radio Galega.

O ente radiofónico emitiu os seus habituais boletíns horarios, aínda que ao longo da mañá emitíronse cortes alertando de que "o seguimento da folga convocada polo Día da Muller impide a programación habitual".

En canto á TVG, o 8M foi o tema principal do informativo 'Bos Días', que foi presentado por un home en solitario --habitualmente está acompañado dunha muller--. Ademais, ao longo da mañá e o mediodía cancelaron programas como 'A Revista', xa que no seu lugar emitiuse 'ADN Galego'.

Redacción da TVG
Redacción da TVG | Fonte: CORPORACIÓN DE RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta