Guerra dialéctica na Cámara polas supostas corrupcións

O pleno deste xoves converteuse nun "ring" improvisado onde os líderes políticos remataron con acusacións cruzadas sobre os presuntos casos de corrupción nos casos Campeón e Arena.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 03/11/2011 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

Non choveron papeis ou outros artefactos pero case. A sesión de control ao goberno rematou nun ‘pin, pan pun’ entre Alberto Núñez Feijóo, Pachi Vázquez e Carlos Aymerich. Os líderes da oposición situaron na diana política ao Goberno do PP pola implicación de ex deputados e altos cargos en distintas operacións xudicias e o presidente respondeu lembrando a implicación de Fernando Blanco, José Blanco e ex altos cargos de Vázquez cando este era conselleiro de Medio Ambiente.

None

A sesión comezou cun Aymerich incisivo;  “este goberno é o dos veículos de alta cilindrada e o dos deputados que actúan de comisionistas políticos” e un Feijóo ao ataque; "quen dimitiu por estes casos foi un ex conselleiro seu que o fixo logo de que dimitira un deputado popular.  Hai acusacións gravísimas de comisión a través das súas adxudicacións. Así que leccións de ética, ninguna”.

No seguinte turno de intervención, Aymerich lembrou que quen quería cobrar dous millóns polas súas xestións era Javier Escribano, parlamentario demitido do PP. “E Negreira, en vez de ir a á Xustiza vai e lle avisa de que está sendo investigado. Vostede tamén se enterou o xoves, como el?. Que implicación ten o conselleiro de industria?”.

Berros

“Pero a que conselleiro de Industria se refire, ao seu colega que tivo que dimitir. Tiña que vostede pedir desculpas polo que pasou na súa consellería en vez de vir a dar leccións de ética”, respondeulle Feijóo. Así, lembrou que a Fermín Duarte, o empresario acusado de presunta corrupción, non só se lle pecharon as portas, “senón que foi sancionado”. Por iso,  aclarou que non houbo trato de favor, “nin no caso Arena, nin no caso Nupel” e insistiu en que o seu goberno, “asume” os seus erros. “No meu goberno non hai ningún implicado. No seu si”, insistiu.

Unhas acusacións que provocaron a reacción inmediata de varios deputados, especialmente, de Bieito Lobeira que a berros acusou a Feijóo de ser un “falso” e un “títere” e de non ter escrúpulos. Foi o momento máis tenso do pleno. Varios deputados populares comezaron pedironlle explicacións a Lobeira e mesmo lle dirixiron palabras malasonantes. Interviron tamén deputados socialistas insistindo que os imputados están na Xunta do PP.

A presidenta tivo que intervir tras chamar a orde ata en tres ocasións ao deputado nacionalista. “A min pareceme inaudito o que está acontecendo aquí e pido tranquilidade, cortesía e educación”.  Pouco despois, Aymerich pedía a palabra para rebatir a Feijóo por “unha cuestión de orde”. Pilar Rojo non  lle deu a palabra pero o voceiro nacionalista falou igual para suliñar que o conselleiro Hernández está pendente de xuízo. E, novamente, berros cruzados entre os deputados e a presidenta pedindo calma.

A “verdade”

Foi logo o turno de Vázquez que comezou a súa intervención lembrandolle a Feijóo que a “primeira obriga dun presidente é dicir a verdade” e que, neste goberno, hai trece altos cargos imputados en casos xudiciais. “No meu goberno teño a dez membros. É imposible que haxa 13 imputados”, chanceou o líder do PP.  “Acabo de enterarme de que o director xeral do Igape non é membro do goberno. Vostede renega de calquera cousa e mesmo de Fraga logo de ter aprobado como vicepresidente a Cidade da Cultura”, espetoulle o secretario xeral do PSdeG.

E chegou o turno final de Feijóo. “Se quere falar de imputados, olle para o seu equipo xa que vostede nomeu, sendo conselleiro, a altos cargos que están imputados. E eu teño o maior respecto por Fraga, non coma vostede que lle deu as costas a Touriño ás 24 horas da súa derrota electoral… Eu non comparto a política de gasolinera, nin como lugar de reunión, nin para botar gasolina á política”, concluíu en alusión á xuntanza que José Blanco mantivo co empresario imputado na Operación Campeón, Jorge Dorribo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

5 anonimo

Es la primera vez que estoy de acuerdo co Bieito Lobeira, Feijoo es un falso y no tiene escrúpulos. Espero que lanco se cobre lo que le está haciendo y se lo cargue políticamente.

1 Invictus

Revísate, porque si estás de acuerdo con Lobeira, algo debes de haber hecho mal. Pepiño Blanco tiene que enfrentar ahora el hecho de que la juez del caso subió hoy mismo la acusación al Supremo, presentando indicios de culpabilidad. Creo que no llega a comerse el turrón

2 HONRADUS

El Pepiño cuando llegue al trullo le va a preguntar a los 13 xunteiros del PP: ¿Y vosotros qué haceis aquí?. ¡cOOOÑO! Que no nos dejan salir. Todos los chorizos al trullo, pepiño y sus compañeros del PP.

4 xOsse

Non che estou moi seguro de que exista tal querra dialéctica. Para iso cumpre dous ou máis bandos que se intercambien "algo máis que palabras". Ideas? Sen embargo, eu o que vexo é que os parlamentarios van a cámara namais que para dicir catro frases impactantes para ver cal deles se leva o titular. Nin se respostan entre eles, nin se debaten ideas, soamente van a contar o seu monólogo previamente escrito e ensaiado. Son unha vergoña!

1 xan soares

penso exactamente o mesmo Xosse, isto lémbrame a unha guerra de hai moitos anos que tiveron en televisión Jesús Gil e Julián Muñoz por Marbella

2 xOsse

tal cal...

3 fedello

Si si! cunha multiña de 900 euros xa lava a mala conciencia da corrupción que salpica as filas populares: http://www.lasextanoticias.com/vide...

2 Nilo

Que máis da se o membro do BNG resulta culpábel ou non. Ao igual que no tema eólico cando resultou que o concurso do BNG era plenamente legal ou no do alcalde de Arzúa agora saira todolos días na Voz e no Faro e se sae inocente non saira en ningún sitio agás neste xornal dixital como moito.

1 Nilo

Como dicía Kubrick so existe aquelo que alguen o ve. E os focos e as cámaras xa sabemos como se dirixen.

2 repolosdebetanzosemaiscebolas

Evidentemente, pois no BNG só hai inocentes! O do Carrumeiro era un xogo de monopoly entre a cúpula, e o dos paneis de Ourense foi o demo Baltar que os tentou... Pois iso, hai clases, así o clube privado de Dorribo tiña por nome Acción & Klasse, e tiña como presidente de honra a Fernando Blanco, que como lugo é moi grande non coñecía ao mafioso Dorribo... Incautos e inmaculados do BNG que vos deixades levar pola cobiza do PPSOE... Os puros contaminados!

3 Nilo

Evidentemente, porque o todos son iguais é unha máxima super razoada e empírica. Un argumento nada demagoxico. O BNG é igual ás décadas do PP e por iso temos que votarte a ti. Retórica de patio de colexio, un ciclo que se pode aplicar a calquer partido novo que entre e teña novas representacións democráticas. A menos claro que se use o cerebro.

4 xOsse

uiiii... como se pon a cousa cando se fala da corrupción dentro do BNG. A min gustaríame saber que hai entre a concelleira de cultura, Isabel Pérez, e unha empresa de Vigo que xestiona tódolos eventos culturais. Ule moi mal iso tamén... pero xa saberemos, xa! E non, non son iguais porque, afortunadamente, a sociedade non lle deu tempo suficiente.

5 Nilo

A sociedade jaja. A sociedade di. Esa sociedade na que empresarios non lles pagan salarios de meses aos empregados, esa sociedade onde enxeñeiros de vinte e poucos fan traballos en precario a empresarios que non lles pagan? Esa sociedade onde se desfalca e se aplaude. Nos países nórdicos evadir impostos é tan denunciabel que os propios membros dunha familia poden ir á polícia cando un dos seus estafa a hacienda. Os políticos suecos son menos corruptos, pero tamén os emprearios, e os traballadores de a pé, TODA a sociedade. Pretender usar a demagoxia con ese todos son iguais votademe a min impide que grupos que con base demostrabel non toleraron a corrupción e apostaron por medidades de control da corrupción como o BNG ou IU, e eu tamén podo encher os comentarios que fagan falla con corrupción de IU, fagan realidade o feito de que as sociedades poden mellorar é

6 Nilo

un bucle infinito. Porque senón eu tamén lle podo facer o todos son iguais a calquer novo partido político que se sente a representarnos.

7 Nilo

Se realmente vos parece parangonabel, ou se imos pasar de analizar a política de cada grupo sen caer en simplificacións absurdas dame igual. A min ferveme o sangue cada vez que vexo as inxustizas do día a día, e tamén cando aínda así nin nos miramos no espello nin miramos ao noso redor, sempre coa saída fácil, sempre coa excusiña ou a cabeza de turco. As sociedade melloran, se o noso gran negro problema que se chama PP é un oso duro de roer e vedes que de ahí non sacades nada, pois mira eu non me resigno a caer en simplificacións pareceme ben que vos si.

8 mareque

Nilo, non cola... A corrupción é proporcional ao poder exercido (así aquí predomina a do PP, mais non por iso escondas a do BNG). Do mesmo xeito que esqueces aos cómplices do BNG, os mal chamados socialistas, con máis imputados que o PP (non en Galiza, polo poder menor). Agora que os aguantamos en concellos, deputacións e Xunta xa non vale falar de inocentes... Pola contra non podes dicir o mesmo de partidos novos, salvo que -non che falta razón- o problema está na sociedade. Pois iso, PP, PSOE e BNG non poden tirar a primeira pedra.

9 Nilo

É que que eu saiba os políticos non son doutra raza, nin se crían en colexios distintos aos nosos. Podemos avanzar e superar a corrupción como sociedade pero para iso temos que conseguir levar a diante proxectos colectivos ou medidas políticas que loiten contra a corrupción e aporten transparencia. Nese senso IU e o Bloque por igual defenden estas medidas, o PP e o PSOE non.

10 neira

Os do teu Bloque teñen prioridade en colocarse e tocar poder. Así pactan co PSOE onde os chaman. O demais (lingua, medio natural, privilexios políticos, democracia fronte a clientelismo) é secundario. O BNG tivo xa varias oportunidades para facer pedagoxía, para dar exemplo, pero escolleu calar e tragar da man do PSOE. Agora é tarde para dicer que son alternativa, son máis do mesmo por moito envoltorio de cores que leven.

11 Rayleigh

Mareque..Os partidos pequenos, non teñen casos de corrupción por que en Galiza, por moito autobombo que se dean, non suman nin un 3 % entre todos. E algúns non por falta de gañas, xa que hai partidos que se formaron para trincar. En canto a corrupción, non digo que estea ben, pero é consustancial a esta sociedade. TODOS se poideramos pagaríamos menos impostos, todos enchufaríamos a familiares nas nosas empresas e todos empregamos internet para o que o empregamos. A cuestión é que nestes casos que fan os partidos? No BNG no único caso que parece demostrable (o dos paneis de Ourense), dimitiron antes de que estoupara todo, mentras que outros só dimiten cando lles poden perxudicar en época de eleccións ou incluso rinse dos cidadáns.

12 Rayleigh

A min sinceiramente, paréceme surrealista andar detrás dun concelleiro por cargarlle o café das mañans ó concello, e deixando que outros anden facendo negocios de varios millóns por que non teñen claro a distinción entre asuntos públicos dos privados. En canto a neira, ti eres un máis dos que nos últimos días estamos vendo que intenta, mediante frases feitas que tanto serven para os do BNG como para calqueira persoa que traballe nunha empresa, para empurrar a xente cara o bipartidismo que tanto mal está facendo. Recórdoche que a política, según os gregos, é o arte de chegar a acordos. Aquí por moi de esquerdas que sexa a xente, segue tendo o barniz totalitario de "non falar con ninguén", "non ceder" e de crear partidos políticos como compartimentos estancos que se non se consegue maioría absoluta, pois non serve. Esto é moi PP e todos sabemos de que pé coxea. Dime neira, ti de quen ves sendo?

1 Dorribo-Duarte

En el foro parlamentario resulta inaudito e injustificable que sus señorías ejerzan de botarates, sobre todo, debatiendo un tema en el que ninguna de las fuerzas política tiene limpieza moral para pronunciar palabra. Si han estado callados antes de destaparse los escándalos, sigan con su silencio concubino y dejen acabar la faena a la justicia, que en síntesis ha sido quien ha puesto luz y taquígrafos en este escándalo en el que todos resultan pringados.