Neutralizan un proxectil dos anos 50 achado na ría de Pontevedra

Un equipo de desactivación de explosivos da Armada encargouse da operación, en Punta Estofallas, preto da praia da Lanzada.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 11/03/2019 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

Un equipo de desactivación de explosivos (GEDE) da unidade de mergulladores de Ferrol, pertencente ao Mando das Unidades da Forza de acción Marítima de Ferrol (Marfer), levou a cabo este luns a neutralización dun proxectil dos anos 50 atopado en Punta Estofallas, preto da praia da Lanzada, na Ría de Pontevedra.

Mergulladores da Armada neutralizan un proxectil dos anos 50 achado na Ría de. MINISTERIO DE DEFENSA.
Mergulladores da Armada neutralizan un proxectil dos anos 50 achado na Ría de. MINISTERIO DE DEFENSA. | Fonte: Europa Press

Tras recibirse a alerta a través do Servizo de Seguridade Naval polo suposto achado de dous proxectís na costa ás 11,00 horas, activouse un equipo de desactivación de explosivos da Armada. O equipo mobilizado acudiu en menos dunha hora ata o lugar, en coordinación co Centro de Operacións e Vixilancia de Acción Marítima (COVAM) e a Comandancia Naval de Vigo.

Á súa chegada, o equipo confirmou que se trataba dun único proxectil de 70 milímetros "de mediados do século pasado concrecionado con rochas", indicaron as mesmas fontes. Tras a súa neutralización, procedeuse á súa retirada para a posterior destrución de forma controlada en instalacións habilitadas para iso.

Defensa lembra que este tipo de artefactos "son perigosos" e que, aínda que polo paso do tempo "poden parecer inertes", "poderían continuar activos", advirte.

Por iso, ante un achado similar Defensa recomenda que "en ningún momento se manipule ou mova, procedendo unicamente a marcar a posición, fotografar o achado e avisar á Armada ou ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado".

As unidades de mergullo da Armada contan con persoal especialista na desactivación de artefactos explosivos submarinos e en técnicas de inutilización de minas. "Ditas actividades son competencia exclusiva da Armada", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gadir

Para o museo de Pontevedra xa! (un novo exemplo da orixe mediterránea da cultura galaica).

1 Gallecio

Pontevedra? Será púnico seguro...