Procuran a unión do comunismo independentista

O venres 18 de novembro preséntase en Pontevedra o Foro pola Unidade Comunista Galega. O seu obxectivo; "reorganizar aos comunistas galegos para crear unha organización unitaria".

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 06/11/2011 | Actualizada ás 01:23

Comparte esta noticia

O Centro Social Revira acollerá este acto, cuxa idea inicial naceu na cidade de  Vigo, partindo a iniciativa de persoas a títuo individual, do Ateneo Proletario Galego e do PCPG ( Partido Comunista do Povo Galego ). O seu obxectivo é unir a todas as persoas independentistas e socialistas con filiación política nalgunha organización ou sen ela co obxectivo de "construir un coletivo de debate e de reorganización dos/as comunistas galegas/os para posibilitar a criazón nun futuro dunha organización unitária"

"A iniciativa de foro de debate comunista de carácter unitario, aberto aos comunistas galegos e galegas, organizadas ou non, co fin de traballar en común polos intereses do Proletariado e polo Socialismo, tanto en Galiza como a nivel Internacional", aseguran nun comunicado remitido a GC.

None

"Clarificación científica"

A aspiración e obxectivos fundamentais do Foro de Unidade Comunista Galega son os de contribuír á "clarificación científica" do proletariado xa que este colectivo entende que sociedade actual tende "á confusión e división actual que debilita á nosa clase e ao propio movemento comunista". Tamén aposta pola coordinación dos esforzos das e dos comunistas galegos, "cara o fortalecemento dos movementos sociais e organizacións do proletariado no seo das súas loitas, e á construción da súa propia organización revolucionaria".

Polo tanto, nesa primeira xuntanza que terá lugar o día 11 de novembro, combinarase o debate, a crítica e autocrítica colectiva para chegar a unha "clarificación ideolóxica, coa acción política no seno do movemento obreiro e popular".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

9 saña

Outro partido-taxi, e van....

1 Kiko

Perdiches a conta?

2 Quemaisdá

A ver saña, porque dis iso?, en que te baseas?, coñeces esas organizacións ou o colectivo de persoas que apoian o proxecto?. Cal é o número de comunistas que teñen que avalar unha iniciativa de unidade?. E de que taxi ves sendo ti?

3 Rayleigh

A ver quemaisdá..primeiro: os comunistas sodes 4 gatos e o 98% están en IU. E non vexo por ningures a este partido. Segundo: vai haber case máis "colectivos" que persoas. Terceiro: sodes un máis dos máis de 40 partidos que se se presentan as eleccións non lles botan máis aló de 1000 persoas e a metade dos votos, son de xente que vota pero que non quere votar os de sempre e tropezan co voso nome. Non fai falla estudar Políticas para saber isto.

4 Antón

Asi que o 98% dos comunistas están en IU, ti de 4 cousas que falas 3 e medio son estupideces.

5 Rayleigh

Bueno Antón..o 97,50% se te parece mellor. O resto está no PCE(r), PCPG, MCG, agora tamén temos o APG. Iso sen contar con outros "apartidistas" que son troskistas, leninistas, maoístas, stalinistas...Pero camarada, ti cantos te pensas que sodes? E falades de unión?? Que unión con semellantes cantidades de siglas, políticas? A desunión dos comunistas nos países onde non hai Siberias, é consustancial a esta teoría política. A ver canto tardades en chamar burgueses infiltrados os vosos compañeiros..

6 Antón

A laboura dos comunistas é de orgaización e concienciación das masas, se perderan o cú por unhas esmolas e manter unhos postos e o aparato do partido como fai IU ou o Bloque a cambio de ser complices do actual estado do pobo galego, houberanse unido antes ou o PCPG non se houbera deligado do PCPE, porque vos sodes tan culpables coma o PPSOE por aceptar as reglas de xogo coa baraxa marcada e asi lexitimalos, do estado do pobo e a cultura galega.

7 Rayleigh

Claro, claro. Vos non queredes o poder, non. Que fácil é rexeita-lo que non se ten, verdade? Deixa de ler a Marx e comeza a ler a fábula de "a raposa e as uvas" que parece feita para vos. O resto do teu post, simplemente é retórica propagandística que levades 50 anos soltando para todo aquel que non vos ría as grazas, sexa quen sexa. E con estes vimbios, buscades unidade ou acordos? Pois nada..que teñades sorte.

8 Antón

E o poder vai vir das eleccións burguesas? qué acachedes despois de tantos anos lambendolle o cú as forzas da burguesia? 4 postos pra amigos? qué millorachedes en Galiza co bipartito? e na Coruña? todo está peor que antes, se lle quitas a dinámica do paso do tempo, ren vai millor dende que empezachela vosa andaina revisionista, ademais un pouco de clatura non che viña mal, falas do Grand National sen sabelo que é un cabalo, non todo o comunismo é marxista, asi que tua referencia a Marx, o que che queda tan lonxe como a Supernova non ten sentido, na liña de todo o teu.

9 Rayleigh

A ver camarada..Nos países comunistas non hai que ser do Partido para poder optar a algún postiño no estado? E por suposto acreditar ser un bo ortodoxo da doutrina, por que senón, estás fora. Por que claro, non sexa que se cole algún burgués. Acaso hai separación entre partido e estado? Con todas as probas que hai dos chanchullos en países comunistas, me veñes a lanzar filípicas sobre postos políticos? Que me intentas contar, camarada? Anda que non estás desexando mandarme a Siberia de vacacións, eh?

8 Hemeregildo

Realmente o Foro nom foi umha iniciativa que partise da comarca de Vigo, aínda que é na comarca onde se está levando a termo. Foi umha iniciativa que desempenharom pessoas organizadas ou nom em colectivos comunistas que viam a necessidade de sacar adiante este projecto, houvo vários meses de debates e tras bastantes problemas para ponhelo em andamento agora parece que se estabiliza na comarca de Vigo e que se começa a estructurar o tema e logo hai outras comarcas coma Ponte Vedra onde parece que também estám ilusionados por ir avante com o projecto e colaborar nele.

7 Galicia Confidencial

Pedimos aos lectores que se fan acusacións dean o seo nome e apelidos reais. Senón poden acudir a outros foros. Decidimos retirar varios comentarios por petición dalgún dos aludidos. Un saúdo

6 centristaindependentista

Pois moito ánimo. Anque eu penso que en Galiza só hai espacio para dous partidos nacionalistas a medio prazo (BNG e CXXI), se houbese un 3º semellante a Causa Galiza que arañase algún escano (e que condene toda forma de violencia, claro), non estaría mal, mellor sempre que PPSOE. Non obstante, como centrista independentista votarei a Converxencia XXI.

1 Rayleigh

Na miña opinión hai espazo para 3 partidos: un de dereitas, outro de esquerdas e outro máis claramente independetista. E en teoria xa os hai: BNG, CXXI e FPG. Os demais sobran por que non hai mercado para tanto partidiño. Creánse máis, por que aquí hai moito flipado que quere ser galo de corral e quere os seus 15 min de fama e sen embargo a súa intelixencia non lle dá para máis de montar manifas de 10 persoas. Cando fagan a foto do encontro este, terán que poñer que se fixo no 2011, por que senón parecerá sacada dos anos 70 do século pasado.

2 Antón

Rayleigh, xamais a ignorancia foi tan prepotente, qué sabras ti alma candida, do papel dos comunistas dentro da clase obreira, e porque se constituen, acouga un pouco, que un empeza a sentir vergoña allea.

3 Rayleigh

Camarada Antón..pregúntalle os novos sindicatos que se están formando en China para mellorar as condicións esclavistas dos traballadores, algo inaudito nun "paraíso dos traballadores", non? O comunismo tal como está montado e foi feito, ten moitísimo que ver co capitalismo máis salvaxe. Só é unha cuestión de conceptos..onde estaba empresa, pós estado, e xa tes comunismo. E quen proteste, a Siberia de vacacións.

4 Antón

Bueno, o de China só se entende por querer acaparar todo o mercado mundial, e van camiño. De todolos xeitos China era comunista con Mao, pero pro 2014 pensan darlle sanidade universal a 1.500 millóns de persoas e están a investir o 70% de ingresos en políticas sociais. Non dices ren dos millóns de persoas que morren de fame na capitalista India, o pais mais similar por poboación e hemisferio.

5 Rayleigh

Sempre tes excusa, rapaz! Agora toca xustifica-la explotación dos chineses por motivos económicos..Nada que ver co capitalismo, non? Por se acaso xa recuas con que China deixou de ser comunista hai 30 anos..Claro. Por que Deng Xiaoping deuse conta que non ían a ningures e comezou co cambio. Pero o PCCh segue sendo todopoderoso. Na India nos enteramos, por que hai liberdade de prensa, pero dubido moitísimo que se poida face-lo mesmo en China..por de pronto o que non contas ti, son os 400 mil chineses ó ano que morren pola contaminación de terra, auga e aire. Pero bueno..seguro que son "delincuentes comuns", non?

5 Rayleigh

Aquí temos as imaxes do encontro: http://www.youtube.com/watch?v=hMvc...