A primeira corporación democrática do Concello da Coruña será homenaxeada o 23 de abril

O acto celebrarase 40 anos despois de que o 19 de abril de 1979 o goberno municipal e o resto de membros da Corporación tomarán posesión das súas actas.

Por E.P. | A CORUÑA | 18/03/2019 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña celebrará o 23 de abril unha xornada de portas abertas con motivo da conmemoración do 40 aniversario da constitución da primeira corporación do actual período democrático na cidade. Segundo informa, o acto, que presidirá o rexedor, Xulio Ferreiro, renderá homenaxe ás persoas que formaron parte da corporación naquel primeiro mandato, liderado polo alcalde Domingos Merino.

Este luns, o rexedor coruñés reuniuse, no Palacio Municipal de María Pita, con dous membros daquela corporación, Gonzalo Vázquez Pozo e Antonio Campos Romay, para abordar cuestións vinculadas á organización do acto.

O acto celebrarase 40 anos despois de que o 19 de abril de 1979 o goberno municipal e o resto de membros da Corporación tomarán posesión das súas actas de concelleiras e concelleiras. A cita tamén incluirá visitas guiadas gratuítas ao consistorio.

O Concello da Coruña celebrará o 23 de abril un acto de homenaxe á pr. CONCELLO DA CORUÑA
O Concello da Coruña celebrará o 23 de abril un acto de homenaxe á pr. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta