Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/03/2019 | Actualizada ás 09:51
Unha muller de 71 anos foi achada morta na súa vivenda na Coruña e buscan á súa filla, que convivía con ela e que non puido ser localizada, informan a Efe fontes da investigación.
A septuaxenaria foi atopada onte sen vida no seu domicilio da rúa Perú pola comisión xudicial que ía botala da súa casa. A policía investiga o caso e despregou un dispositivo para buscar á filla da anciá porque non se descarta ningunha posibilidade, entre elas que se trate dun suicidio asistido.
De feito, esta muller deixou unha nota autoinculpándose do sucedido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.