Feijóo sobre os “Viva España” de Vox: “Hai unha mestura de incerteza, inconsistencia e falacia”

O líder do PPdeG evita pronunciarse sobre un pacto coa formación de ultradereita pero asegura sería un “excelente teloneiro” nos mitines do PSOE. Sobre o pacto proposto por Rivera: "Ninguén pode garantir que non vaia a pactar con Pedro Sánchez se lle vén ben"

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2019 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo mandarlle un recado importante a Vox e, sobre todo, aos que teñen a España sempre na boca. “Eses que están sempre co Viva España son unha mestura de inconsistencia, incerteza e falacia e a xente xa sabe o que son e a miña opinón sobre eles”. Foi a resposta que deu a Galicia Confidencial tras preguntarlle este medio se, tal e como fixo este mesmo xoves a líder de C's en Galicia, Olga Louza, descarta un pacto co partido ultradereitista Vox.

28A.- Feijóo Advirte: 'Ninguén Pode Garantir Que Albert Rivera Non Vaia A Pacta. XUNTA
28A.- Feijóo Advirte: 'Ninguén Pode Garantir Que Albert Rivera Non Vaia A Pacta. XUNTA | Fonte: Europa Press

E, aínda que non foi directo na súa respota, o certo é que o presidente da Xunta foi moi crítico cos que definiu como “movemento ou agrupación” de xente. E foi máis alá na resposta á dada noutras ocasións. “Se é para dicirlle si ao que eles levan no programa xa lle digo que iso non vai ser posible”, dixo sobre un posible pacto cos ultradereitistas. Neste sentido, só asumiría un acordo con Vox se é ao estilo andaluz, é dicir, cun acordo de investidura, pero non de goberno.

O que defenden os de Vox non ten nada que ver co PP”, insitiu ao tempo que dixo que o partido que máis cómodo está coa súa presencia é o Partido Socialista. “De feito, poderían -os de Vox- ser uns magníficos teloneiros nos mitines do PSOE”, chanceou.

“Eu teño a sensación de que a xente en Galicia xa sabe quen son e xa se be con que respecto tratan a esta comunidade ese movemento ou agrupación que di chamarse Vox”, apuntou en alusión as súas listas en Galicia, nas que situou como cabeza de cartel en Ourense, á tía do líder da formación.

CRÍTICAS A CIUDADANOS

Feijóo tamén se amosou moi crítico con Ciudadanos, e especialmente, coa oferta do seu líder, Albert Rivera, de chegar a un pacto co PP tras as eleccións do 28 de abril. “Veu a Galicia a buscar un titular e lamento que sexa contradictorio, aínda que sexa razoable”, dixo.

Con todo, criticou duramente a Rivera a quen lle lembrou os seus antecedentes en canto a pactos. "Ninguén pode garantir que o señor Rivera non vaia a pactar co señor Sánchez se lle vén ben" a ambos. "Rivera pactou co señor Sánchez despois de que ambos perdesen as eleccións para imposibilitar un Goberno do presidente Rajoy, que si as gañou de forma clara e solvente", subliñou.

Ademais, o titular da Xunta lamentou que esta proposta sexa "contraditoria cos feitos e cos seus antecedentes" e afeoulle que o fixese unha vez "as listas están pechadas". Para Feijóo, Rivera pretende que os votantes "se crean que non vai pactar co Partido Socialista", aínda que o fai "sempre que pode", asegurou. "Se o que queren é que non goberne o señor Sánchez, o máis prudente será votar ao señor Rivera", sentenciou.

CASADO

Preguntado respecto da proposición de Casado de que pode ser o que queira no seu goberno, no caso de gañar as xerais, Feijóo limitou estas palabras a un "eloxio" e mandoulle un recado ao seu líder: "Eu xa teño un posto nun goberno, non elixido por unha persoa senón elixido os cidadáns".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta