EI e Máis Galiza únense nas súas críticas á UPG

Denuncian "manipulación" e "intoxicación" informativa. O Encontro Irmandiño vai máis alá e pide a dimisión do xefe e da secretaria de Comunicación da formación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/11/2011 | Actualizada ás 00:58

Comparte esta noticia

Había tempo que o Encontro Irmandiño e Máis Galiza non coincidían tan decididamente na súa oposición á dirección do BNG, que está, case principalmente, en mans da UPG. Fixérono o pasado sábado no Consello Nacional ao criticar a perda de 30.000 votos con respecto ás pasadas xerais e volveron a coincidir este luns ao denunciar a política de comunicación da formación frontista.

Máis Galiza decidiu ausentarse da Executiva nacionalista en protesta pola política informativa que desenvolve a dirección de comunicación do BNG e, especialmente, tras a imaxe que desde parte da dirección frontista se trasladou aos medios de comunicación ao asegurar que Guillerme Vázquez fora "respaldado por unanimidade", cando a súa decisión de poñer o seu cargo a disposición do Consello Nacional non foi sometida a ningún tipo de votación.

None

Contundencia de EI

Máis contundente foi a medida do EI que pediu directamente o cese de Xosé Mexuto, xefe de Comunicación do BNG, e de Rosana Pérez, a Secretaria de Comunicación da Executiva por ser a "súa responsabilidade directa estas manipulacións".

A formación que dirixe Beiras remitiu un comunicado á Executiva na que amosa o seu "máis profundo desagrado e repulsa" pola comunicación que fixo o Gabinete de prensa do BNG aos medios sobre o tratado no Consello Nacional do pasado sábado. Unha manipulación informativa, apuntan, que forma parte dunha estratexia da UPG para "buscar a ruptura da fronte".

Non é a primeira vez que os colectivos internos do BNG critican a política informativa do BNG e, sobre todo, a súa "manipulación en prol da UPG". Un feito, din, que se pode ver, especialmente, na páxina web do Bloque e nos distintos boletíns informativos.

Este foi o comunicado remitido este luns por EI:

Á atención do Portavoz Nacional e da Comisión Executiva:

O Encontro Irmandiño quero transmitirvos o noso máis profundo desagrado e repulsa pola comunicación feita desde o Gabinete de Prensa do BNG aos medios sobre o tratado no Consello Nacional do sábado 26, trasladando un asentimento unánime sobre un presunto aval ao Portavoz Nacional que en ningún momento foi suscitado nin outorgado.

A gravidade dos feitos obríganos a solicitar formalmente a reprobación e destitución do Xefe do Gabinete, por ser a súa responsabilidade directa estas manipulacións, e a dimisión ou destitución da Secretaria de Comunicación por ser da súa responsabilidade política.

Feitos coma este son os que veñen demostrar unha vez máis a parcialidade dos servizos da Sede Nacional a favor da UPG e convéncenos aínda máis de que hai quen dende dentro do BNG so está buscando a ruptura da fronte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

11 un afin á U

O problema e un so, a UPG, grande e único mal do BNG. Se a maioría da militancia do BNG, apoia, apoiamos, as teses defendidas pola U xa non somos independentes, somos afíns á U. O conto xa cheira. O outro 45%, son os posuidores da verdade absoluta. Pouco importa que +G deixe a EI fora da executiva, sempre se poñerán de acordo no obxectivo común, combater á UPG. Que mais da, no consello nacional a U non ten maioría, pero o rendíbel e falar nos medios, ou parece, o que xa non teño claro son so obxectivos de tanto ataque ao BNG, porque a día de hoxe, a UPG e os afíns, seguimos sendo tan BNG coma +G e EI, ou iso penso. Se a maioría da militancia considera que estamos errados, en xaneiro que fale onde toca.

10 un afin á U

Aquí o problema e un so, a UPG, grande e único mal do BNG. Se a maioría da militancia do BNG, apoia, apoiamos, as teses defendidas pola U xa non somos independentes do BN, somos afíns á U. O conto xa cheira. Os demais, o outro 45%, son os posuidores da verdade absoluta. Pouco importa que +G deixe a EI fora da executiva, sempre se poñerán de acordo no obxectivo común, combater á UPG. Apoiamos a Quintana no seu dia, o culpable dos males foi a U, nunca outros. Asemblea por delegados non era democrática,invento da U para ter o control. Asemblea aberta, peor, os afíns á U corremos como borregos cegos xordos e mudos a votar e impornos. Que mais da, no consello nacional a U non ten maioría, pero o rendíbel e falar nos medios, ou parece, o que xa non teño claro son so obxectivos de tanto ataque ao BNG, porque a día de hoxe, a UPG e os afíns, seguimos sendo tan BNG coma +G e EI, ou iso penso. Agora a ver canto tardan os democratas leais ao BNG en insultarme....

1 Luguês

é, só, culpable ou rendíbel?, dá, dia ou día? democratas?

2 un afín á U

Por desgraza, a algúns tocounos vivir tempos nos que o galego estaba excluído das escolas e non tivemos a sorte de estudalo, pero igualmente falámolo sempre, leémolo, escribímolo defendémolo e amámolo, e malia iso non son moitos os erros que cometemos, pero agradecemos as correccións. Váleche?, luguês. Ou lugués?

3 Fer

A verdade é que están facendo da lingoa do pobo un reducto dunha minuscula élite culturata o desprezar os que a falamos como podemos, non saben o dano que lle fan.

9 Black Crow

A mi me parece que el Aymerich ese no da la talla para lo que pretende y no es mas que un simple virulillas manejado por Pacorro. Si se monta un partido al margen de los comunistas, el problema principal con que se iba a encontrar sería que se le colarían una peligrosa cantidad de cambiachaquetas que pululan en el entorno pacorriano. Porque todos sabemos la enorme cantidad de upegallos que se pasaron al beirismo primero y mas tarde al quintanismo, al final acabaron retornando al pacorrismo. Por eso es bueno que el Aymerich ese se manifieste porque en las escaleras benejeras los descansillos están llenos de veletas. No lo olvidéis pequeños, las manos del Pacorro son muy largas y nunca se debe obviar su capacidad para controlar las mentes de las personas que lo adulan, Aymerich entre ellos. No sería mala idea que el nuevo partido le prohibiera el acceso a la gente que perteneció al aparato pacorrista en los últimos 15 años.

8 Fariseo

Carlitos, Carlitos, agora veslle as orellas ao lobo. Xa sabes que o pasteleo coa U que mantiveches nos ultimos tempos e que levou a moita xente a liscar de +G pola tua traizòn aos seus prinxipios, non che serviu de nada. Non eres mais que un mediocre cheo de ambiciòn, e agora, que non te quere ninguén porque todos saben ben a caste de elemento que eres, que fas, fuxida cara adiante. Lamentable espectáculo estas dando, a U debería afastarte coma portavoz parlamentar e poñer a Suarez Canal, e tí o mellor servizo que lle podes facer ao país é voltar a Universidade a unha vida gris coma tí.

1 Manuel

Home non che vou discutir a cegadora i excesiva ambición de Carlos, pero se o relevo é Suarez Canal, Lores, Bieito, so fai falla que engadades a Milucho e teremos Jurasic Park X

7 Montouto

O que teñen que facer Beiras e Martiño, se queren impor as súas teses, é gañar a dirección dentro do BNG. Pero como é unha formación democrática, iso acádase con votos, non falando máis. Coa súa actitude antidemocrática, van acabar botando o nacionalismo das institucións. Xa fixeron todo o posibel para que non saíra Jorquera. Mirade os votos ao BNG e ao PP en Teo.

1 Manuel

Os únicos que traballan seica son os da UPG, tamén son os máis listos e guapos (até me contaron que os homes desta formación teñen o sexo máis longo e gordo co resto e unha capacidade craneal máis ampla). Seica tamén teñen a única máquina de Galiza capaz de expedir carnets de galeguidade auténticos. Con todas estas vantaxes estanme dando unhas ganas tolas de alistarme nas SS de don Paco Zarzuelas....