EI e Máis Galiza únense nas súas críticas á UPG

Denuncian "manipulación" e "intoxicación" informativa. O Encontro Irmandiño vai máis alá e pide a dimisión do xefe e da secretaria de Comunicación da formación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/11/2011 | Actualizada ás 00:58

Comparte esta noticia

Había tempo que o Encontro Irmandiño e Máis Galiza non coincidían tan decididamente na súa oposición á dirección do BNG, que está, case principalmente, en mans da UPG. Fixérono o pasado sábado no Consello Nacional ao criticar a perda de 30.000 votos con respecto ás pasadas xerais e volveron a coincidir este luns ao denunciar a política de comunicación da formación frontista.

Máis Galiza decidiu ausentarse da Executiva nacionalista en protesta pola política informativa que desenvolve a dirección de comunicación do BNG e, especialmente, tras a imaxe que desde parte da dirección frontista se trasladou aos medios de comunicación ao asegurar que Guillerme Vázquez fora "respaldado por unanimidade", cando a súa decisión de poñer o seu cargo a disposición do Consello Nacional non foi sometida a ningún tipo de votación.

None

Contundencia de EI

Máis contundente foi a medida do EI que pediu directamente o cese de Xosé Mexuto, xefe de Comunicación do BNG, e de Rosana Pérez, a Secretaria de Comunicación da Executiva por ser a "súa responsabilidade directa estas manipulacións".

A formación que dirixe Beiras remitiu un comunicado á Executiva na que amosa o seu "máis profundo desagrado e repulsa" pola comunicación que fixo o Gabinete de prensa do BNG aos medios sobre o tratado no Consello Nacional do pasado sábado. Unha manipulación informativa, apuntan, que forma parte dunha estratexia da UPG para "buscar a ruptura da fronte".

Non é a primeira vez que os colectivos internos do BNG critican a política informativa do BNG e, sobre todo, a súa "manipulación en prol da UPG". Un feito, din, que se pode ver, especialmente, na páxina web do Bloque e nos distintos boletíns informativos.

Este foi o comunicado remitido este luns por EI:

Á atención do Portavoz Nacional e da Comisión Executiva:

O Encontro Irmandiño quero transmitirvos o noso máis profundo desagrado e repulsa pola comunicación feita desde o Gabinete de Prensa do BNG aos medios sobre o tratado no Consello Nacional do sábado 26, trasladando un asentimento unánime sobre un presunto aval ao Portavoz Nacional que en ningún momento foi suscitado nin outorgado.

A gravidade dos feitos obríganos a solicitar formalmente a reprobación e destitución do Xefe do Gabinete, por ser a súa responsabilidade directa estas manipulacións, e a dimisión ou destitución da Secretaria de Comunicación por ser da súa responsabilidade política.

Feitos coma este son os que veñen demostrar unha vez máis a parcialidade dos servizos da Sede Nacional a favor da UPG e convéncenos aínda máis de que hai quen dende dentro do BNG so está buscando a ruptura da fronte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

6 BLOQUE

Un Bloque coa UPG, e de capitan Pacorro mais Guillerme, pouco pode facer. Son formulas do pasado. O Comunismo gusteslle ou non, son solucions para problemas do pasado, pero non para o presente. Eu Penso que unha alternativa Galega sen a UPG, é posibel facer cousas, o malo é que as persoas que mais traballan no Bloque son os militantes da UPG.

1 Acivro

Iso era certo, pero xa non. Os da UPG son mais disciplinados e asisten a canta reunión hai votando sen cuestionar o qué, só porque lle mandan. Pero traballar, o que se di traballar, de cara á cidadanía, non traballan mais cós demais. Diría que incluso menos.

5 Nilo

Pois mira ti que eu todas estas novas que en principio parece que teñen unha clara intención de manipulación sobre o proceso asambleario do BNG, contan pouco ou case nada pero parece que pasou un furacán polo medio, non inflúen tanto na opinión pública. Inflúen na xente que quere que non suba o BNG ou que quere escisións xa de partida sen escoitar nada, pero non na opinión pública en xeral.

4 A.V.

A mín, que nin son militante do BNG nin nada, encantaríame poder votar BNG nas próximas eleccións galegas (sobre todo agora que o Mangueritas está pensando en adiantalas), porque quero votar por unha alternativa de esquerdas e claramente galeguista, comprometida co progreso deste país. Pero nos últimos meses parece que os dirixentes do BNG están máis preocupados por darse coiteladas entre eles que por sacar ó Mangueritas da poltrona. Tanta liorta entre a U, os Irmandiños, os de +G ou a nai que os pariu a todos... estou seguro de que os militantes de dentro do BNG deben estar apaixonadísimos co asunto, pero aos que estamos fóra e só somos votantes potenciais todo iso nin nos vai nin nos interesa, e para o único que sirve é para espantarnos e que nos vaiamos ó PSOE buscando o "voto útil". Así que a ver se se aclaran, porque un día destes o Mangueritas convoca as eleccións e non vai ter ninguén que compita contra el, mentres no BNG continúan coa sua guerra interna.

1 Galeguista

Esto explícase de forma doada, a UPG que leva anos mangoneando o BNG ao seu antollo e que ten a organización chea de afíns fai e desfai ao seu antollo. As súas aportacións son ás únicas, a súa xente os únicos válidos e traballadores, os demais estamos ben de comparsa, pero se temos atrevemento a rebatir ou cuestionar algo dentro da lóxica coherencia do debate, entón amósasenos a poprta, e máis cando eles ven que pode perigar o seu liderado á fronte do BNG e que por primeira vez poden perder na vindeira Asemblea Nacional. O que comentan abaixo é certo: "La maté porque era mía", eso é o que pensa a maioría de upegueiros, ou o BNG o domino eu ou ninguén.

2 labrego

Para mostra está o que fixeron coas Labregas. Non teño maioría...racho e monto outra cousa.

3 can palleiro

Non tedes c... a liscar! un fartase da panda de frustrados éstos que sabedores do inuties que son e de que non se comen un "colín" fora do fronte emporcaon todo. +G e EI son un lastre incapaces de seguir toda a norma xeral de limpalos trapos suxos na casa e non empocar dende fora. Deberian botar estos quintacolumnistas, a m...con éles!

1 raposo

E vós falades de valentía? Se a UPG é tan valente, que se presente coas súas siglas, co seu programa, coas súas caras diante da sociedade galega. Presentádevos en solitario a unhas eleccións. Sen o lastre dos impuros, dos malos militantes, dos malos nacionalistas, dos vagos, moinantes e demais que son todos os que non din amén á palabra de Francisco Rodríguez, seguro que o partido guía arrasades. Veña, machotes, se tan magníficos sodes deixade de agocharvos baixo as siglas BNG e demostralo. Deixádenos o BNG para quen SÓ militamos no BNG, para quen somos do BNG e non o empregamos de tapadeira

2 achatarrado

Quintacolumnistas os infiltrados da UPG que están asistindo ás xuntanzas que o Encontro Irmandiño está facendo por diferentes lugares.

3 Acivro

É que +G e EI non teñen a obriga de lavar os trapos que mancha a UPG, por iso, cando se fai, se pregoa aos catro ventos, porque estamos fartos de ser a chacha que lava os trapos do señorito.

2 Xanuco

Entre que un exconselleiro da U vai visitar a su señoría para declarar como imputado por ser presunto corrupto e que por fin lle quitaron a careta a Mejuto, vaia semaniña divertida. E pensar que eu voto á mesma opción política que esta xente... Non volvo