EI e Máis Galiza únense nas súas críticas á UPG

Denuncian "manipulación" e "intoxicación" informativa. O Encontro Irmandiño vai máis alá e pide a dimisión do xefe e da secretaria de Comunicación da formación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/11/2011 | Actualizada ás 00:58

Comparte esta noticia

Había tempo que o Encontro Irmandiño e Máis Galiza non coincidían tan decididamente na súa oposición á dirección do BNG, que está, case principalmente, en mans da UPG. Fixérono o pasado sábado no Consello Nacional ao criticar a perda de 30.000 votos con respecto ás pasadas xerais e volveron a coincidir este luns ao denunciar a política de comunicación da formación frontista.

Máis Galiza decidiu ausentarse da Executiva nacionalista en protesta pola política informativa que desenvolve a dirección de comunicación do BNG e, especialmente, tras a imaxe que desde parte da dirección frontista se trasladou aos medios de comunicación ao asegurar que Guillerme Vázquez fora "respaldado por unanimidade", cando a súa decisión de poñer o seu cargo a disposición do Consello Nacional non foi sometida a ningún tipo de votación.

None

Contundencia de EI

Máis contundente foi a medida do EI que pediu directamente o cese de Xosé Mexuto, xefe de Comunicación do BNG, e de Rosana Pérez, a Secretaria de Comunicación da Executiva por ser a "súa responsabilidade directa estas manipulacións".

A formación que dirixe Beiras remitiu un comunicado á Executiva na que amosa o seu "máis profundo desagrado e repulsa" pola comunicación que fixo o Gabinete de prensa do BNG aos medios sobre o tratado no Consello Nacional do pasado sábado. Unha manipulación informativa, apuntan, que forma parte dunha estratexia da UPG para "buscar a ruptura da fronte".

Non é a primeira vez que os colectivos internos do BNG critican a política informativa do BNG e, sobre todo, a súa "manipulación en prol da UPG". Un feito, din, que se pode ver, especialmente, na páxina web do Bloque e nos distintos boletíns informativos.

Este foi o comunicado remitido este luns por EI:

Á atención do Portavoz Nacional e da Comisión Executiva:

O Encontro Irmandiño quero transmitirvos o noso máis profundo desagrado e repulsa pola comunicación feita desde o Gabinete de Prensa do BNG aos medios sobre o tratado no Consello Nacional do sábado 26, trasladando un asentimento unánime sobre un presunto aval ao Portavoz Nacional que en ningún momento foi suscitado nin outorgado.

A gravidade dos feitos obríganos a solicitar formalmente a reprobación e destitución do Xefe do Gabinete, por ser a súa responsabilidade directa estas manipulacións, e a dimisión ou destitución da Secretaria de Comunicación por ser da súa responsabilidade política.

Feitos coma este son os que veñen demostrar unha vez máis a parcialidade dos servizos da Sede Nacional a favor da UPG e convéncenos aínda máis de que hai quen dende dentro do BNG so está buscando a ruptura da fronte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

1 Manuel P.

Hai que romper xa coa mafia, como dixo o Lobeira "ou marchades ou botámosvos", así que por Galiza e por dignidade debemos crear unha alternativa que fuxa do radicalismo desa panda de tolos no que se convertiu a UPG. Non paga a pena, aínda que na vindeira asemblea perdan a maioría(cousa pouco probable porque xa sabemos como manipulan os censos), van facer todo o posible por boicotear o traballo e a renovación que precisa o BNG. UPG: "La maté porque era mía"

1 Gustavo

Radicalismo? se aínda foran radicais en algo...si estes o que son é acomodaticios na súa pequeniña cota de poder político, aínda que o disfracen ideolóxicamente de ser moi de esquerdas, iso so é o envoltorio dende hai moitos anos (falo da UPG e adláteres).

2 can palleiro

sodes como a ratiña que grita cando lla meten e chora cando lla quita, liscade xa! panda de inutiles, que sodes un lastre. Sabedes que fora do BNG non vos comedes ren e matades a vosa frustración emporcando.

3 Pablito el Malo

Os que non comedes ren fóra do BNG sodes vós e por eso seguides de mantidos dentro