Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/04/2019 | Actualizada ás 18:19
Galicia é a terceira autonomía con máis mulleres na carreira xudicial, segundo un informe do Servizo de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ). E é que o número de xuízas e maxistradas representa o 57,9% do total de membros que integran a adxudicatura. Esta porcentaxe só é superada polo País Vasco (61,6%) e Madrid (58%).
Fai dez anos, en 2009, cun 51,4%, foi a primeira vez en Galicia que a porcentaxe de maxistradas e xuízas en activo superou ao de homes. A media de membros da adxudicatura por habitante en Galicia en 2019 é de 12,8 por cada 100.000, polo que supera a media estatal que se sitúa en 11,6.
A Comunidade autónoma galega mantense como unha das que rexistra un maior cociente de xuíces por habitante, só superada por Asturias(14,5) e Cantabria (14,1), igualada por Castela e León.
De acordo co informe feito público este venres, Galicia conta con 347 membros en activo na carreira xudicial fronte aos 284 de fai dez anos, o que representa un 22% máis. A antigüidade media é de 18,6 anos e a media de idade sitúase en 49,9 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.