Os pisos, casas, leiras e coches dos deputados

Pachi Vázquez asegura ter unha casa, tres leiras, catro locais comerciais, un piso con garaxe, un aparcadoiro e dous coche. Feijóo ten dúas vivendas, duas fincas e un coche e Carlos Aymerich ten un piso con garaxe e dous coches. Os populares Antonio Anxo Fraga, Agustín Baamonde e a nacionalista Tereixa Táboas entre os que máis patrimonio declaran.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 09/12/2011 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O Diario Oficial do Parlamento publicou este venres, tal e como fixo tamén o Diario Oficial de Galicia cos conselleiros, o patrimonio dos 75 deputados galegos. A maior parte deles teñen pisos, vivendas, fincas, accións e vehículos en propiedade.

None

Feijóo

Así, Feijóo declara que percibe 81.222,86 euros da Xunta, 97 euros en dividendos de Telefónica, 1.750 euros en intereses de depósitos bancarios e 10.800 en rendemento de arrendamentos inmobles. Declara ademais posuír dúas vivendas, unha en Madrid e outra en Vigo, un garaxe nesta cidade, e dúas leiras, unha rústica en Santiago e outra urbana en Moaña. Ten un depósito a prazo fixo de 113.000 euros e unha conta corrente de 24.477,35 euros. Ademais, dispón de 75 accións en Telefónica con 1.358 euros, un plan de pensións de 74.708,87 euros e un Citroën C Crosser de 2011.

En 2001 concedéuselle un préstamo hipotecario-vivenda por importe total de 270.000 euros dos que lle queda por pagar 99.031 euros. Núñez Feijóo é un dos deputados que máis tivo que pagar por IRPF, un total de 23.496,54 euros.

Pachi Vázquez

Pola súa banda, o líder do PSdeG, Pachi Vázquez, é propietario dunha vivenda unifamiliar en San Amaro desde 1984 e posúe tres leiras. Ten ademais catro locais comerciais no Carballiño e dispón dun piso con garaxe e dúas prazas máis de aparcadoiro.

Vazquez ten unha conta corrente de 13.604 euros e accións en Alecrindourado S.L. por valor de case 171.000 euros e en Sandulces S.L. por valor de 30.684, así como case 15.000 euros na clínica de fisioterapia Fisaude, S.L. Posúe un Mercedez Benz clase E, adquirido no 2009, e un Nissan Patrol, de 1994. A cantidade que pagou no último exercicio de IRPF foi 4.335 euros.

Carlos Aymerich

O líder do BNG na Cámara, Carlos Aymerich, dispón dun piso e unha praza de garaxe en Oleiros e unha conta corrente con 9.201,57 euros. Declara como percepcións netas de tipo salarial case 3.000 euros cos trienios como profesor universitario na Universidade da Coruña e ten contratada unha hipoteca coa Caixa por valor de 5.000 euros e un seguro de vida por valor de case 5.600 euros. Posúe un Renault Megane familiar do 2007 e un Mitsubishi Space do 2001.

Grandes patrimonios

Os deputados populares son, polo xeral, os que máis patrimonio declaran. Deste xeito, o ex alcalde de Curtis, o popular Dámaso López declara cobrar 57.170 euros como xente de atención primaria. Pagou 3.008 euros por IRPF pero declara ter oito pisos en Lugo (seis deles asegura que en herdanza), dous baixos e unha plaza de garaxe. Tamén ten seis fincas rústicas en Lugo. Ten depósitos por valor de 340.000 euros.

Tampouco queda atrás Antonio Ángel Fraga Sánchez, que posúe seis vivendas entre pisos e apartamentos, catro leiras, dúas prazas de garaxe e dous baixos comerciais, ademais de dúas contas de case 50.000 euros e dous coches. Este deputado declara 33.768 euros por dedicación exclusiva municipal e pagou 6.626 euros no último exercicio do IRPF.

Neste escalafón alto tamén se sitúa o popular Román Rodríguez que declara dúas vivendas (na Coruña e Pontevedra) e cinco leiras en Pontevedra. Pagou de IRPF case 7.000 euros. Ten unha conta de aforro con 25.000 euros e dous coches, un Volvo do 2005 e un Audi A4 do 2008.

O tamén conservador Agustín Baamonde declara dispor dun piso, unha casa e un solar en Lugo e de nove leiras de monte baixo, dous de pasteiro, tres de labradía, oito a monte e dous a pasteiro en Lugo. Tamén ten unha casa agraria en Lugo. Pagou 5.192 euros por IRPF, ten unha conta corrente con case 30.000 euros e un plan universal de avogacía de 61.642 euros.

Pola súa banda Marta Rodríguez-Vispo, do PPdeG, funcionaria e ex concelleira en Ourense, declara recibir 54.100 euros da Consellería de Sanidade e do Concello de Ourense, e pagou máis de 12.000 euros de IRPF. Posúe dous pisos en Ourense e dúas leiras en Pobra de Trives. Dispón de contas e depósitos por valor de máis de 60.000 euros e un coche Toyota Corolla do 2003.

Ex conselleiros

Teresa Táboas dispón de dúas vivendas, unha de 400 metros cadrados en Pontevedra e outra de 350 metros cadrados en Cidade de México. A ex conselleira é propietaria de solares urbanos, locais comerciais e gasolineiras en México froito dos negocios da súa famlia neste país. Tamén ten 210.000 euros en distintas contas e participacións en sociedades familiares en México por valor de 1,5 millóns de euros. Posúe 160.000 euros en Teresa Táboas Estudio de Arquitectura e dispón dun Porche Cayenne.

Tamén Suárez Canal dispón dun piso en Ourense, un estudio en Manzaneda, unha casa en Allariz e un apartamento con garaxe en Vigo. Pagou por IRPF 5.870 euros. Declara gañar por trienios 6.036 euros, ten 36.904 euros en contas e plans de aforro e un Volkswagen Passat do 2008.

O socialista e ex conselleiro José Luis Méndez Romeu declara un complemento de antigüedade de 2.400 euros. Pagou por IRPF case 6.000 euros. Ten unha vivenda na Coruña e conta cun plan de pensións de 56.000 euros e un automóbil do 2007.

A ex conselleira Carmen Gallego declara unha casa e ste fincas adquiridas por herdanza. Pagou 4.384 euros por IRPF e dispón dunha ocnta de aforro con máis de 14.500 euros e un Ford Mondeo do 2004. Declara deudas por valor de 36.000 euros.

Puy Fraga, Pilar Rojo e Abel Losada

Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy Fraga, declara trienios na Universidade de Santiago de Compostela por valor de 4.133 euros e a súa declaración da renda superou os 4.800 euros. Posúe unha vivenda unifamiliar adquirida en 1998, declara tres depósitos en conta e plan de pensións por valor de case 29.000 euros. Posúe un coche, un Renault Scenic do 2006, e unha moto de 1992.

Abel Losada, portavoz parlamentario do PSdeG, asegura percibir 3.081 euros da Universidade de Vigo, 1.231 euros como dividendos e 78 en concepto de juros. Dispón dun piso e tres prazas de garaxe en Pontevedra así como unha vivenda unifamiliar en Ourense. Losada pagou 5.667,10 euros por IRPF. Dispón de case medio millón de euros en contas de aforro, contas a prazos e plans de pensión e 155.452 en carteira de valores e 217.698 en fondos de investimento, ademais dun Citroën DS adquirido en setembro deste ano.

A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, declarou un total de 83.232 euros, aínda que este montante non inclúe o salario que percibe como xefa do Lexislativo. Ten senllos pisos en Pontevedra e Madrid. Con todo, e ao igual que Feijóo, é unha das que máis pagou polo IRPF; 27.219,92 euros no último exercicio.

Os que menos declaran


Por outra banda, os nacionalistas Ana Belén Pontón e Bieito Lobeira e a socialista María Quintas Álvarez sitúanse entre algúns dos deputados que menos patrimonio declaran. Pontón non ten ningún piso ou leira en propiedade, aínda que pagou 3.500 euros por IRPF. Dispón de dous coches e unha conta de máis de 16.600 euros. Tampouco Quintas posúe vivenda ou leira da súa propiedade, aínda que dispón dun coche e contas e plan de pensión por valor de case 40.000 euros. Bieto Lobeira non declara nin pisos, nin leiras. Ten 35.000 euros en conta, un Ford Focus. Pagou case 5.000 euros por IRPF.

None

Pola súa banda, o número tres do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda pagou máis de 6.400 euros no seu último IRPF pero non dispón de vivendas nin fincas propias. Ten unha conta de 9.000 euros e un seguro de vida de 26.200 euros e un coche SSangyong do 2009.

Tamén o vicepresidente da Mesa, José Manuel Baltar, declara trienios por ter traballado no Departamento Territorial de Medio Rural de 3.680 euros.  Ten unha moto Honda, un Wolkswagen Beetle e un BMW X5. Na conta corrente dispón de 37.468 euros. Non declara ningunha vivenda.

Podes consultar o patrimonio de todos os deputados aquí.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

13 Manoliño

¿E Manuel Monge, que patrimonio ten? Porque estamos a falar ao igual que de Callón, dun señor que forma parte dunha trama clientelar que cobra subvencións, e como hai Carromeiros, pancartas publicitarias en Ourense, conselleiros imputados aos que lles tocara a lotaría, etc. non sería de estranar calquera irregularidade.

1 uajv

Como Baltar junior que non declara vivenda, pero todos en Ourense saben do seu piso na zona nobre, ata saiu na voz, creo.

12 Estrella Galicia

Debe ser fodi...o para os do PP que o deputado neste caso deputada con maáis patrimonio sexa nacionalista. !! Ha ha !! Por fin a burguesia galega amosa sen vergonzas como o vasco ou o catalán o seu amor ao país. Para todos eses que non teñen nada e están nas filas do PP renegando de donde veñen, Táboas convertese na dignidade porque sen lugar a dúbidas eralle mais fácil estar coa peperos. Parabéns

1 Coronita

E sabes se ergue o puño a Táboas, e canta a Internacional? Era para pasarlles a imaxe aos traballadores familiares de México, seguro que lles encanta!

2 coroniña

Non ten porque erguer o puño nen cantar a internacional. Pensas que os que erguen o puño e cantan a internacional non estan a enriquecerse. Enton os carrumeiros e os campions para que son??

11 pizarro

Que me decides dos 52.000 euros de salario que ten o Nandi Branco?

1 mandacarallo

Creo que é traballador de Endesa.

2 Manda

ese e o Fernando de Lugo que dimitiu ou e outro Blanco

3 mandacarallo

Este é o novo, o que dimitiu xa non tiña que facelo.

4 pizarro

Se a traballador se lle chama estar 30 anos de liberado sindical....... 52.000 dividido entre 14 pagas. Canto cobran en ENDESA?.

6 mandacarallo

Acabo de miralo ben na súa declaración e non son 14 pagas, son 17, porque no 2010 cumpriu 25 anos de traballo en Endesa e paganlles ao cumplilos 3 mensualidades máis nese ano, pono nas observacións. Co cal saen pouco máis de 3000 € ao mes, un bó soldo, pero os soldos en Endesa son bastante altos ao levar moitos anos.

7 JOB

Carallo!! Que ben pagan en Endesa

8 circulo lítico

En Endesa pagan moi ben incluso sen traballar como sucede co Nandi Branco, que xa está sendo moi custionado pola UPG das Pontes. Quédalle un ano de deputado

10 Iriana

Nada novo baixo o sol. Os obreiros votando aos capitalistas salvaxes que van en contra dos seus dereitos e catro burgueses con Porche Cayenne loitando polas políticas sociais e a redistribución, e cada día son menos.Realmente a xente como Táboas beneficialle que gañe o PP. Senón fose así non habería tantas inxustizas económica. Nada novo vamos.

1 Iriana

O mesmo Marx puido ter pasado a súa vida entre luxos. Se os currantes queren seguir partíndose a espalda por dous duros mentres os banqueiros arruínan os seus aforros e vanse á xubilación con centos de miles de millóns hai que respetalo.

9 AnaM

Moi bo o artigo de Ana Miranda de hoxe na Voz. Partílloo. http://www.lavozdegalicia.es/dinero...

1 Koroshiya Itchy

É uma mágoa que o BOICOZ e o meu delicado estômago me impeçam aceder a esse jornal.

2 bandeiras

Por Koroshiya Itchy: es lo que tiene ser un SECTARIO RADICAL, te impide ver que hay mas verdades que la que tu crees... lee mas y mas plural, verás como te radicalizas menos

3 bandeiras

Por Koroshiya Itchy: es lo que tiene ser un SECTARIO RADICAL, te impide ver que hay mas verdades que la que tu crees... lee mas y mas plural, verás como te radicalizas menos

4 Koroshiya Itchy

Eu leio muitos media de todo o mundo e em distintas línguas. Honestamente, não acho que um panfleto provinciano como La Voz de Galicia me vaia a aportar muito. Se quiser propaganda do PP poderia visitar diretamente pp.es.

5 aaaaaaaaaag

Que fai Ana Miranda boicotando o boicote a La Coz de la Colonia?

6 Klaus Rodeiro

Ana Miranda... cargarse o boicoz e por riba so para repetir coma un loro o que firma Cohn-Bendit. Menudos "cerebros" temos no nacionalismo galego.