Os pisos, casas, leiras e coches dos deputados

Pachi Vázquez asegura ter unha casa, tres leiras, catro locais comerciais, un piso con garaxe, un aparcadoiro e dous coche. Feijóo ten dúas vivendas, duas fincas e un coche e Carlos Aymerich ten un piso con garaxe e dous coches. Os populares Antonio Anxo Fraga, Agustín Baamonde e a nacionalista Tereixa Táboas entre os que máis patrimonio declaran.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 09/12/2011 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O Diario Oficial do Parlamento publicou este venres, tal e como fixo tamén o Diario Oficial de Galicia cos conselleiros, o patrimonio dos 75 deputados galegos. A maior parte deles teñen pisos, vivendas, fincas, accións e vehículos en propiedade.

None

Feijóo

Así, Feijóo declara que percibe 81.222,86 euros da Xunta, 97 euros en dividendos de Telefónica, 1.750 euros en intereses de depósitos bancarios e 10.800 en rendemento de arrendamentos inmobles. Declara ademais posuír dúas vivendas, unha en Madrid e outra en Vigo, un garaxe nesta cidade, e dúas leiras, unha rústica en Santiago e outra urbana en Moaña. Ten un depósito a prazo fixo de 113.000 euros e unha conta corrente de 24.477,35 euros. Ademais, dispón de 75 accións en Telefónica con 1.358 euros, un plan de pensións de 74.708,87 euros e un Citroën C Crosser de 2011.

En 2001 concedéuselle un préstamo hipotecario-vivenda por importe total de 270.000 euros dos que lle queda por pagar 99.031 euros. Núñez Feijóo é un dos deputados que máis tivo que pagar por IRPF, un total de 23.496,54 euros.

Pachi Vázquez

Pola súa banda, o líder do PSdeG, Pachi Vázquez, é propietario dunha vivenda unifamiliar en San Amaro desde 1984 e posúe tres leiras. Ten ademais catro locais comerciais no Carballiño e dispón dun piso con garaxe e dúas prazas máis de aparcadoiro.

Vazquez ten unha conta corrente de 13.604 euros e accións en Alecrindourado S.L. por valor de case 171.000 euros e en Sandulces S.L. por valor de 30.684, así como case 15.000 euros na clínica de fisioterapia Fisaude, S.L. Posúe un Mercedez Benz clase E, adquirido no 2009, e un Nissan Patrol, de 1994. A cantidade que pagou no último exercicio de IRPF foi 4.335 euros.

Carlos Aymerich

O líder do BNG na Cámara, Carlos Aymerich, dispón dun piso e unha praza de garaxe en Oleiros e unha conta corrente con 9.201,57 euros. Declara como percepcións netas de tipo salarial case 3.000 euros cos trienios como profesor universitario na Universidade da Coruña e ten contratada unha hipoteca coa Caixa por valor de 5.000 euros e un seguro de vida por valor de case 5.600 euros. Posúe un Renault Megane familiar do 2007 e un Mitsubishi Space do 2001.

Grandes patrimonios

Os deputados populares son, polo xeral, os que máis patrimonio declaran. Deste xeito, o ex alcalde de Curtis, o popular Dámaso López declara cobrar 57.170 euros como xente de atención primaria. Pagou 3.008 euros por IRPF pero declara ter oito pisos en Lugo (seis deles asegura que en herdanza), dous baixos e unha plaza de garaxe. Tamén ten seis fincas rústicas en Lugo. Ten depósitos por valor de 340.000 euros.

Tampouco queda atrás Antonio Ángel Fraga Sánchez, que posúe seis vivendas entre pisos e apartamentos, catro leiras, dúas prazas de garaxe e dous baixos comerciais, ademais de dúas contas de case 50.000 euros e dous coches. Este deputado declara 33.768 euros por dedicación exclusiva municipal e pagou 6.626 euros no último exercicio do IRPF.

Neste escalafón alto tamén se sitúa o popular Román Rodríguez que declara dúas vivendas (na Coruña e Pontevedra) e cinco leiras en Pontevedra. Pagou de IRPF case 7.000 euros. Ten unha conta de aforro con 25.000 euros e dous coches, un Volvo do 2005 e un Audi A4 do 2008.

O tamén conservador Agustín Baamonde declara dispor dun piso, unha casa e un solar en Lugo e de nove leiras de monte baixo, dous de pasteiro, tres de labradía, oito a monte e dous a pasteiro en Lugo. Tamén ten unha casa agraria en Lugo. Pagou 5.192 euros por IRPF, ten unha conta corrente con case 30.000 euros e un plan universal de avogacía de 61.642 euros.

Pola súa banda Marta Rodríguez-Vispo, do PPdeG, funcionaria e ex concelleira en Ourense, declara recibir 54.100 euros da Consellería de Sanidade e do Concello de Ourense, e pagou máis de 12.000 euros de IRPF. Posúe dous pisos en Ourense e dúas leiras en Pobra de Trives. Dispón de contas e depósitos por valor de máis de 60.000 euros e un coche Toyota Corolla do 2003.

Ex conselleiros

Teresa Táboas dispón de dúas vivendas, unha de 400 metros cadrados en Pontevedra e outra de 350 metros cadrados en Cidade de México. A ex conselleira é propietaria de solares urbanos, locais comerciais e gasolineiras en México froito dos negocios da súa famlia neste país. Tamén ten 210.000 euros en distintas contas e participacións en sociedades familiares en México por valor de 1,5 millóns de euros. Posúe 160.000 euros en Teresa Táboas Estudio de Arquitectura e dispón dun Porche Cayenne.

Tamén Suárez Canal dispón dun piso en Ourense, un estudio en Manzaneda, unha casa en Allariz e un apartamento con garaxe en Vigo. Pagou por IRPF 5.870 euros. Declara gañar por trienios 6.036 euros, ten 36.904 euros en contas e plans de aforro e un Volkswagen Passat do 2008.

O socialista e ex conselleiro José Luis Méndez Romeu declara un complemento de antigüedade de 2.400 euros. Pagou por IRPF case 6.000 euros. Ten unha vivenda na Coruña e conta cun plan de pensións de 56.000 euros e un automóbil do 2007.

A ex conselleira Carmen Gallego declara unha casa e ste fincas adquiridas por herdanza. Pagou 4.384 euros por IRPF e dispón dunha ocnta de aforro con máis de 14.500 euros e un Ford Mondeo do 2004. Declara deudas por valor de 36.000 euros.

Puy Fraga, Pilar Rojo e Abel Losada

Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy Fraga, declara trienios na Universidade de Santiago de Compostela por valor de 4.133 euros e a súa declaración da renda superou os 4.800 euros. Posúe unha vivenda unifamiliar adquirida en 1998, declara tres depósitos en conta e plan de pensións por valor de case 29.000 euros. Posúe un coche, un Renault Scenic do 2006, e unha moto de 1992.

Abel Losada, portavoz parlamentario do PSdeG, asegura percibir 3.081 euros da Universidade de Vigo, 1.231 euros como dividendos e 78 en concepto de juros. Dispón dun piso e tres prazas de garaxe en Pontevedra así como unha vivenda unifamiliar en Ourense. Losada pagou 5.667,10 euros por IRPF. Dispón de case medio millón de euros en contas de aforro, contas a prazos e plans de pensión e 155.452 en carteira de valores e 217.698 en fondos de investimento, ademais dun Citroën DS adquirido en setembro deste ano.

A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, declarou un total de 83.232 euros, aínda que este montante non inclúe o salario que percibe como xefa do Lexislativo. Ten senllos pisos en Pontevedra e Madrid. Con todo, e ao igual que Feijóo, é unha das que máis pagou polo IRPF; 27.219,92 euros no último exercicio.

Os que menos declaran


Por outra banda, os nacionalistas Ana Belén Pontón e Bieito Lobeira e a socialista María Quintas Álvarez sitúanse entre algúns dos deputados que menos patrimonio declaran. Pontón non ten ningún piso ou leira en propiedade, aínda que pagou 3.500 euros por IRPF. Dispón de dous coches e unha conta de máis de 16.600 euros. Tampouco Quintas posúe vivenda ou leira da súa propiedade, aínda que dispón dun coche e contas e plan de pensión por valor de case 40.000 euros. Bieto Lobeira non declara nin pisos, nin leiras. Ten 35.000 euros en conta, un Ford Focus. Pagou case 5.000 euros por IRPF.

None

Pola súa banda, o número tres do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda pagou máis de 6.400 euros no seu último IRPF pero non dispón de vivendas nin fincas propias. Ten unha conta de 9.000 euros e un seguro de vida de 26.200 euros e un coche SSangyong do 2009.

Tamén o vicepresidente da Mesa, José Manuel Baltar, declara trienios por ter traballado no Departamento Territorial de Medio Rural de 3.680 euros.  Ten unha moto Honda, un Wolkswagen Beetle e un BMW X5. Na conta corrente dispón de 37.468 euros. Non declara ningunha vivenda.

Podes consultar o patrimonio de todos os deputados aquí.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

3 can palleiro

Carnaza prós encefalograma planos que comentan tan maruxas néstes foros.

1 sorro

Triste que se coñeza, verdade?, moito tedes que tapar os amamantados (do PP, do pSOE e tamén do BNG, que tamén maman).

2 susavila

Sumando os anos que levan dedicados á política, considerando o que cobran e máis o que perciben de dietas libres de impostos, pois os que aparentan tan pobriños (pontóns e lobeiras) ou son unhas nulidades administrando o gañado, ou... Non, non están tan gordos, logo... Pois que xa teño unha razón máis, e ben poderosa, para non fiarme dos mantidos do BNG. Por suposto, do PP e PSOE tampouco!

1 Xán Perican

O teu comentario amosa unha probeza intelectual que fai de Belen Esteban unha superdotada.

2 Vigués

susavila estou de acordo contigo, eu con 31 anos teño máis patrimonio que varios/as deputados/as, e iso que non chego aos 2000 euros/mes. Iso sí, aforro todo o que poido e procuro invertir ben.

3 pixiñas

Concordo con Susavila. REsulta sorprendente o de Lobeira. 16 anos a razón de 4500 euros/mes daría para ter algo aforrado, non? A verdade é que as declaracións dos/as da UPG non teñen desperdicio. Está claro para que o comité central pon a esas mediocridades en postos institucionais ben retribuidos...Pobre Galiza...

4 Koroshiya Itchy

Não sei esses, mas o Camilo Nogueira quando era deputado europeu e e mas o Francisco Rodríguez quando era deputado espanhol, doavam uma parte do seu salário para o partido. Rodríguez acho que a metade.

5 traballador

As declaracións do Lobeira e da Pontón son un insulto. Calquera traballador, con menos salario e moitos menos beneficios, multiplica por catro a dos deputados cuneros da UPG. Aínda doando a metade, non hai por onde collelo! Son farsantes ou hai gato encerrado? Concordo, eu non apoio a quen amosa tan pouca seriedade coas declaracións públicas de bens, e menos con quen non sabe administrar o propio e pretende administrar o de todos.

6 Rayleigh

Vaia por diante que todos minten, pero está visto que os do BNG son os que, fagan o que fagan, vaiselles criticar. Se poñen pouco, por que o poñen. Se poñen moito, pois tamén. Logo tampouco poden ter familiares, deben vestir cun saco e pobre deles que falen noutro idioma (salvo se é portugués, por suposto), ir a pé a todos os sitios..deixome algo? É para facerme unha idea do que hai que ter (ou non ter) para ser político do BNG

7 traballadora

O de Lobeira e para parvos. Despois de tantos anos dedicados a vivir da politica e non ten nen piso. Estes da UPG xa pensan que os demais son tontos. Ou e un gastaddor-vividor , ou non se explica. Para quen saiba sumar isto e un insulto. A saber onde ten os cartos e a nome de quen ten o pratimonio. Seria bo que facenda investigase a quen ten eses salarios e logo declaran unha merda. Prefiero a Taboas, polo menos ten todo declarado, e esta claro que non precisa da politica para vivir. O de que lle dan o soldo ao partido..... pregunten , pregunten polas suas cuotas. Parece moito mais normal o de Suarez Canal, pero claro, tamen ten un traballo fora da politica. Menudos cachorrillos ten a UPGuai.

8 Miles

Imos ver, primeiro que a Pontón ten un piso aínda sen escriturar, vese nas observacións. E despois, no caso de Pontón e Bieito se gañan 4.500€ ao mes aproximadamente e a metade se vai para: parte para o Bloque (todos os deputados dan parte ao bloque) máis para a U máis para todos os chiringuitos que ten montados ou quere meter man a U (Mesa, Bautista Álvarez, Adega...), ademáis se viven de aluguer o que custe, máis comidas fóra da casa e gastos cotiáns (podendo ser máis ou menos aforrador), tampouco é tan extraño que teñan o que teñen. E se Lobeira e Pontón prefiren ir gastando que aforrando (aínda que o Lobeira ten 35 mil €) tampouco me parece nada criticable, cada quen cos seus cartos fai o que lle peta. Unha cousa é criticar por algo e outra porque sí.

9 ruliña

si, é certo, 4500 euros/mes non dan para vivir. Manda carallo con lenin!!! (non me extraña que non queran deixar a política, pois na vida real -se atopan un emprego, que sería o seu primeiro- ían pasalas moi duras. Por certo, segundo me contaron o que aportan ao bng é 700 e 800 euros, non a metade

10 traballadora

Menos globos... Ana Ponton leva moitos menos anos que Bieito no Parlamento. Lobeira leva mais de 16 anos. Suma e conta.4.500 euros libres de impostos e con dietas,fai 5 veces un soldo de mil eurista, que tamen paga cuota do BNG, paga cuota de ADEGA e a da MESA. Pregunta, pregunta polas cuotas que pagan as suas señorias. Cada un que faga cos seus cartos o que queira. Faltaria mais!! Agora, que non insulten a nosa intelixencia.Cos salarios que temos neste pais!! E Baustista non necesita para nada as cuotas ddo Bieito.Ou e que a xubilacion que ten non lle chega?

11 traballadora

Tes razon ruliña. 4500 euros libres de impostos, e con dietas varias, non dan para vivir. Xa faremos unha mani para que suban os salarios de sus señorias, ou xa os subiran eles cando toque gobernar.

12 Miles

¿Pero quen dixo 4500€ non dean para vivir? ¿Quen dixo que sea pouco soldo? Tampouco inventemos... eu o que digo é que non pagan o mesmo os deputados que o resto dos militantes. E que no caso destes dous non pagan só os 800€ do bloque, que á UPG lle dan unha burrada de cartos (uns máis que outros). E Bautista non necesitará as cotas do Lobeira pero para estar na fundación del si que hai que pagar. ¿E quen insulta a vosa intelixencia? ¿Que pasa, que todo o mundo ten que querer gastar os cartos en ter un piso? Porque eu levo 30 anos traballando e se me piden o patrimonio non teño nada máis ca un coche. Non me interesou gastar os cartos en ter casa, que lle queres... non creo que por iso vaian ser mellor ou peores políticos, nin que haxa que criticalos, podemos criticalos polo que lle fan ao Bloque, polo sectarismo do seu partido, por apoiar dictaduras militares, pero criticalos por non querer inventir en vivendas non me parece nada lexítimo.

13 digo eu

Miles, cheira a can! E sabendo que non precisan dos 4.500, que che parece se lles quitamos 3.500 e máis as dietas. Para que sexan como os demais traballadores que din representar, e xa que non precisan tanto... Sería un exemplo divino para a cidadanía se voltaran os 3.500 que lles sobran ao erario público. Pero non o fan, entón será que teñen furados...

1 Propilot

Escribese Porsche. Cunha S

1 Propilot

S de envidioSoS

2 riamos todos

A rica esa que algúns queren para cabeza do BNG vai en Porsche? Hai como anda a esquerda, pois era o BNG de esquerdas, verdade?

3 XanKaraLlás

Cun S. Os nomes das letras son masculinos en galego.

4 Xoelho

Se un_a rica é verdadeiramente de esquerdas, ten máis mérito que se non fose rica, xa que loita por un_a sociedade xusta a pesar de que a ela lhe vai ben.

5 seguimos rindo

Se loita por unha sociedade xusta, que reparta o que lle SOBRA! Hai claro, é herdado, da familia, como o Cuiña da aboa contable e os Franco do caudillo de España! Pois en México seica se fan negocios moi limpos, e alí non hai explotación dos traballadores? Ou será que queremos a esquerda do benestar para Galiza e os explotados da terra que se fodan, que naceran galegos! De verdade credes que sodes esquerda? Por trincar coa esquerda, será!

6 Xoelho

Algúns bobos confunden a política de xustiza con dar esmola a título individual. ¿Que sabes ti, par vo, do que a nivel persoal fai Teresa Táboas, se axuda a alguén ou non? Se se trabalha por un_a política socialista de verdade, estase a trabalhar porque a riqueza toda dun país ou do mundo estea ben repartida, e o que ti dis non é nada orixinal senón que forma parte da demagoxia, do blablablá e as parvadas ás que se recorre para esbardallar e botar parrafadas que están ben vistas, quedando ben diante dos que tes ao teu redor. O propio dos que no fondo non queren que cambie nada.

7 hai que rir

Bobo, parvo, esbardallar, parvadas, demagoxía, blablabla... Quedaches sen argumentos? Ah claro, ti es dos que pensan que o Bloque e o PSOE son de esquerdas! Entón disculpa, vai e cóntallelo aos traballadores sen estado que os ampare de México! E lévalles unha estampiña da Santa Teresa!

8 Xoelho

Non quedei sen argumentos, senhor risonho, simplemente emprego os que corresponden. En canto a se creo que o BNG e o PSOE son de esquerdas, sobre o PSOE xa tenho expresado a minha opinión neste foro sobradamente, e no caso do BNG creo que polo momento é un_a esquerda descafeinada e en decadencia. Tamén é descafeinado como nacionalista. Pero quero aclarar que eu non defendo un_a política loucamente "radical" de esquerdas porque iso non é de esquerdas máis que de palabra, o que defendo é un_a política de esquerdas consecuente e tendo en conta a realidade, cousa na que o BNG me está a decepcionar e do PSOE xa non falo.