A Xunta Electoral suspende unha comida organizada polo concello de Sobrado para o 30 de abril

O BNG acusou ao rexedor Lisardo Santos de utilizar o concello como "o seu casarío".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2019 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

A Xunta Electoral de Zona acordou suspender a comida convocada polo concello de Sobrado dos Monxes (A Coruña) para o próximo 30 de abril, ao entender que pode tratarse dun "acto publicitario ou de logros municipais".

A Xunta Electoral estima por completo a denuncia presentada polo BNG, aínda que cabería recurso do concello. Os nacionalistas acusan o rexedor socialista Lisardo Santos de utilizar o concello como "o seu casarío" e de entender a política como "caciquismo".

A resolución da Xunta Electoral indica que o Bando municipal no que se anuncia a organización da cea indica que se dirixe a persoas de entre 18 e 59 anos. Ademais, "resulta evidente que este tipo de eventos non se realizaron ata agora, é dicir, consta que é a primeira vez que se organiza por parte do consistorio un evento de tales características".

Aínda que o concello alegou que o consistorio organiza festas para a xente maior que reside na localidade desde hai 23 anos, con todo, a resolución recolle que "queda claro" que a cea non vai dirixida a estas persoas, "senón que comprenden a todos os residentes do devandito lugar".

A Xunta Electoral ve "palmario" que é o "Concello o que se comprometeu a organizar dito evento e considera que, a poucos días das eleccións, pode entenderse como un acto publicitario ou de logros municipais, podendo o Concello pospolo para despois do 26 de maio.

Concello de Sobrado
Concello de Sobrado | Fonte: xurdemoran.blogspot.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta