O alcalde da Coruña confirmou que non votou igual para o Congreso que para o Senado

Xulio Ferreiro declarou: "Do que non fagamos hoxe, non vale lamentarse mañá".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/04/2019 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña e candidato á reelección por Marea Atlántica nos próximos comicios municipais, Xulio Ferreiro, confirmou que non votou igual para o Congreso que para o Senado, tras exercer o dereito ao voto.

En declaracións aos xornalistas, apelou tamén a conformar un goberno de "progreso". "Do que non fagamos hoxe, non vale lamentarse mañá".

Por iso, dixo que é "importantísimo" ir votar. En especial, aludiu ás persoas que se ilusionaron hai un ano "coa o cambio de goberno".

Por iso, instou a impulsar unha maioría que impulse "un goberno progresista" para que España "siga avanzando fronte a aqueles que nos queren levar ao século XIX". "Un goberno que non teña tentacións de aliarse co liberalismo", sentenciou tamén.

Xulio Ferreiro . MAREA ATLÁNTICA
Xulio Ferreiro . MAREA ATLÁNTICA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta