Un sistema de mensaxería móbil permitirá a bombeiros e Policía Local da Coruña atender persoas xordas

Segundo explicou a concelleira de Seguridade Cidadá, a distribución do número de contacto farase en colaboración coas entidades que traballan e a cidade neste ámbito

Por E.P. | A CORUÑA | 07/05/2019 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A Policía Local e os Bombeiros da Coruña contarán cun sistema de mensaxería móbil para facilitar a atención a persoas xordas ou con dificultades de comunicación oral. A concelleira de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, presentou este martes o sistema que se empregará para atender as demandas de persoas nesta situación.

A canle habilitada para a atención deste colectivo será a través do sistema máis estendido de mensaxería móbil, o Whatsapp, e será a Sala do 092 a encargada de centralizar a recepción de avisos, que se visualizan a través dunha pantalla e respóndense por unha terminal de teléfono móbil.

Segundo explicou a concelleira, a distribución do número de contacto farase en colaboración coas entidades que traballan e a cidade neste ámbito. Ademais, precisou que o teléfono só estará dispoñible para este colectivo e, por iso, a comunicación farase desde as asociacións co fin de ter un rexistro de potenciais usuarios e usuarias.

Bombeiros e Policía Local da Coruña terán un sistema de mensaxería móbil para a atención a persoas xordas. CONCELLO DA CORUÑA
Bombeiros e Policía Local da Coruña terán un sistema de mensaxería móbil para a atención a persoas xordas. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta